23 DE FEBRERO DE 2024
Todo está preparado para que Ribadumia acolla mañá, a partir das 20:30 horas, a Gala Ciclismo Galego, a festa anual do noso deporte que premia ás mellores e aos mellores da última temporada, pero que tamén serve para homenaxear traxectorias e feitos sobranceiros coas Mencións Especiais. A Federación Ciclismo Galego (FCG) concederá nesta ocasión cinco distincións e con dúas delas aproveitará para alzar a voz ante a violencia viaria. Un grave problema que no 2023 repuntou con feitos absolutamente intolerables.
Reivindicando que en cada bicicleta vai unha vida entregaranse Mencións Especiais a Santiago Seijas Alfonso, o directivo do Cidade de Lugo brutalmente atropelado o pasado mes de agosto mentres participaba na organización da Ancares Cycling Marathon, e a Jacobo Ucha, técnico da FCG, arrolado temerariamente por un vehículo cando desfrutaba dunha saída cicloturista no mes de xullo.
Outro destes recoñecementos renderá tributo na súa comarca natal a toda unha institución do ciclismo galego. O cambadés Modesto Sánchez, laureado ciclista amateur e posteriormente mecánico de equipos profesionais, faleceu a comezos deste ano e a súa figura será recordada nunha gala á que acoderán moitos dos seus amigos neste deporte.
As Mencións Especias complétanse cos galardóns a dous equipos galegos. O Padronés-Cortizo será premiado por proclamarse gañador do Ranking Elite da Real Federación Española de Ciclismo e o Vigo-Rías Baixas por ter logrado a segunda posición nesea mesma clasificación.
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es