20 DE FEBRERO DE 2024
Un concello que é unha referencia no calendario ciclista polas competicións que acolle cada temporada reunirá unha vez máis ao pelotón autonómico, pero nesta ocasión non será para darlle aos pedais. A Gala Ciclismo Galego celébrase este sábado en Ribadumia. As portas do Auditorio Municipal pecharanse ás 20:15 horas para que quince minutos despois arranque unha cerimonia chea de distincións, entretemento e lembranzas.
O evento anual da Federación Ciclismo Galego (FCG) que fai balance da campaña anterior e simbólicamente dá inicio ao novo curso foi presentado este martes en Ribadumia. Neste acto participaron o alcalde David Castro; a concelleira de Deportes, Sofía Núñez; a concelleira de Contas, Vanesa Jorge; e o presidenta da FCG, Juan Carlos Muñiz. Todo está preparado para que esta localidade do Salnés exerza de anfitrioa.
As triunfadores e os triunfadores do ciclismo galego nos últimos doce meses daranse cita no Auditorio Municipal para ser recoñecidos polos seus resultados. No apartado correspondente aos Rankings FCG alcanzarase unha cifra récord ao entregarse un total de 79 trofeos. Estes galardóns premian á regularidade no calendario autonómico de Estrada, Ciclocrós e nos das especialidade do BTT.
Outros recoñecementos, neste caso diplomas, subirán ao escenario para recollelos as ciclistas e os ciclistas que dende a Gala do 2023 conseguiron postos de podio nos Campionatos e nas Copas de España. Festexerase unha colleita autonómica que a nivel estatal ascende a 80 resultados. Tamén se distinguirán éxitos internacionais, traxectorias e fitos sobranceiros nas Mencións Especiais, aínda por desvelar.
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es