Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG desvela o seu calendario 2024 de Tecnificacións, Campus e citas da Selección

07 DE MARZO DE 2024

Esta axenda provisional consta de 30 eventos

A-FCG-desvela-o-seu-calendario-2024-de-Tecnificacions-Campus-e-citas-da-Seleccion-

A Federación Ciclismo Galego (FCG) continúa neste 2024 co seu plan de centrar os seus esforzos no futuro do noso deporte e nesa liña confeccionou un intenso programa que alcanza os 30 eventos. Para facilitar que clubs e ciclistas organicen a súa temporada, desvélase un calendario provisional que abrangue oito especialidades. Os piares básicos desta planificación volven ser a formación, a tecnificación e a participación da Selección de Galicia en competicións de alto nivel. 

A axenda deste ano arrancou co Campionato de España de Ciclocrós e no mes de xaneiro tamén se celebrou a primeira Xornada de Tecnificación FCG, que tivo como protagonistas aos corredores sub-23 de Estrada en Vilagarcía de Arousa. A seguinte cita chegará na Semana Santa, co Campus BTT XCO Ciclismo Galego en Outeiro de Rei do 25 ao 28 de marzo. Os meses de maio e xuño concentrarán a maioría das actividades dun planning que finalizará en novembro co gran evento estatal do Pump Track.

Doce xornadas de tecnificación, tres campus, nove campionatos de España e outras seis competicións compoñen esta folla de ruta. Un calendario que é provisional ao estar suxeito a posibles cambios por iniciativas ou invitacións que vaian xurdindo.  

 

CALENDARIO

11 AO 14 XANEIRO: CTO. ESPAÑA CX AMURRIO 

27 XANEIRO: TECNIFICACIÓN CARRETERA SUB-23 MASC.

25 AO 28 MARZO: CAMPUS BTT XCO

07 ABRIL: TECNIFICACIÓN ESTRADA JÚNIOR MASC.

13 ABRIL: TECNIFICACIÓN BTT ENDURO

1 MAIO: TECNIFICACIÓN BTT DH 

5 MAIO: TECNIFICACIÓN ESTRADA FEMINAS 

11 MAIO: TECNIFICACIÓN BTT ENDURO 

18  MAIO: TECNIFICACIÓN ESTRADA CADETE MASC. 

19  MAIO: TECNIFICACIÓN BTT XCO CADETES E JÚNIORS MASC. 

23 AO 26 MAIO: CTO. ESPAÑA CICLISMO ADAPTADO – CARAVACA DE LA CRUZ (MURCIA) 

31 MAIO AO 2 DE XUÑO: COPA ESPAÑA DH-LA PINILLA (SEGOVIA) 

2 XUÑO: TECNIFICACIÓN BTT XCO FEM JUNIOR, CADETES E INFANTIL 

7 AO 8 DE XUÑO: BTT XCO TAÇA PORTUGAL FUNDAO

7 AO 8 DE XUÑO: VUELTA SALAMANCA ESTRADA CADETES MASC. 

14 AO 16 XUÑO: CTO. ESPAÑA BTT ENDURO- CASTEJÓN DE SOS 

16 XUÑO: TECNIFICACIÓN ESTRADA INFANTIL 

16 XUÑO: TECNIFICACION BTT XCO INFANTIL MASC. 

20 AO 23 XUÑO: CTO. ESPAÑA ESTRADA SUB-23 – MADRID 

21 AO 23 XUÑO: SUPERPRESTIGIO BTT XCO – ESTELLA LIZARRA

22 AO 23 DE XUÑO: CTO. ESPAÑA XCM – LALÍN

4 AO 7 XULLO: CTOS. ESPAÑA ESCOLARES BTT E ESTRADA - AVILÉS

11 AO 12 XULLO: CTO. ESPAÑA BTT XCO – EL ALMENDRO (HUELVA)

25 AO 28 XULLO: CTO. ESPAÑA BTT DH - LA PINILLA (SEGOVIA) 

16 AO 18 DE XULLO: CAMPUS ESTRADA

XULLO: CAMPUS BTT MINI DH 

19 AO 22 AGOSTO: CAMPUS CICLOCRÓS 

6 AO 8 SETEMBRO: VOLTA A GIPUZKOA FEMININA ESTRADA 

OUTUBRO: TECNIFICACIÓN PUMP TRACK

1 AO 3 DE NOVEMBRO: CTO. ESPAÑA PUMP TRACK - TORREVIEJA 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es