07 DE MARZO DE 2024
A Federación Ciclismo Galego (FCG) ofrece no seu catálogo de vantaxes para as súas federadas e federados un convenio de colaboración con NeuroImpulse. Esta sinerxia abarca un bo número de descontos nos servizos que ofrece a clínica ubicada en Arteixo e especializada tanto na terapia para trastornos do desenvolvemento como no deporte adaptado. O acordo rubricado hai un ano vénse de renovar.
O centro arteixán axuda ás persoas con algún tipo de limitación a desenvover destrezas para brindarlles independencia no seu día a día e aumentar a súa calidade de vida dentro do seu entorno social. NeuroImpulse conta con tratamentos innovadores baseados na evidencia científica en materia de terapia ocupacional e acondicionamento físico. Visita a súa páxina web oficial
Os descontos dispoñibles para as/os federadas/os e os seus familiares de primeira liña aplícanse na valoración e sesións individuais dos seguintes servizos: fisioterapia e fisioterapia deportiva; terapia ocupacional; psicoloxía infanto-xuvenil e adultos; psicopedagoxía; logopedia; e sala Snöezelen ou multisensorial. Ademais, a través do convenio de NeuroImpulse e a FCG tamén se pode usar a sala fitness baixo tarifas mensuais personalizadas.
AVISOS
FEDERACIÓN
FEDERACIÓN
EVENTOS
FEDERACIÓN
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es