Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG e NeuroImpulse renovan un convenio cheo de vantaxes para os federados

07 DE MARZO DE 2024

Descontos nos servizos de fisioterapia deportiva, terapia ocupacional, sala fitness, logopedia, sala multisensorial, psicoloxía clínica e da infancia

A-FCG-e-NeuroImpulse-renovan-un-convenio-cheo-de-vantaxes-para-os-federados

A Federación Ciclismo Galego (FCG) ofrece no seu catálogo de vantaxes para as súas federadas e federados un convenio de colaboración con NeuroImpulse. Esta sinerxia abarca un bo número de descontos nos servizos que ofrece a clínica ubicada en Arteixo e especializada tanto na terapia para trastornos do desenvolvemento como no deporte adaptado. O acordo rubricado hai un ano vénse de renovar.

O centro arteixán axuda ás persoas con algún tipo de limitación a desenvover destrezas para brindarlles independencia no seu día a día e aumentar a súa calidade de vida dentro do seu entorno social. NeuroImpulse conta con tratamentos innovadores baseados na evidencia científica en materia de terapia ocupacional e acondicionamento físico. Visita a súa páxina web oficial

Os descontos dispoñibles para as/os federadas/os e os seus familiares de primeira liña aplícanse na valoración e sesións individuais dos seguintes servizos: fisioterapia e fisioterapia deportiva; terapia ocupacional; psicoloxía infanto-xuvenil e adultos; psicopedagoxía; logopedia; e sala Snöezelen ou multisensorial. Ademais, a través do convenio de NeuroImpulse e a FCG tamén se pode usar a sala fitness baixo tarifas mensuais personalizadas. 

Coñece todos os convenios da FCG

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es