Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Instrucións test covid para a Volta a Lugo Máster

07 DE ABRIL DE 2021

Lista de clínicas para a realización das probas e test de antíxenos FGC

Instrucions-test-covid-para-a-Volta-a-Lugo-Master-

O calendario competitivo autonómico bota a andar esta fin de semana coa Volta a Lugo Máster. Para minimizar o risco de contaxio por covid-19, os participantes neste evento deberán presentar un dos seguintes certificados:

-Certificado de vacinación

-Certificado do médico de atención primaria de ter superado a covid-19 e dispor de anticorpos 

-Certificado de proba covid-19 negativo

Neste último caso, para a realización dos test, os ciclistas poderán pedir cita nalgunha das seguintes clínicas, amosando obrigatoriamente a súa licenza dixital. O prezo da proba de antíxenos é de 30 euros:

SANTIAGO

Clínica Gaias, C/Pintor Xaime Quesada 4 baixo Tfno. 981 566801

 

VIGO

Clínica Gaias, C/ Ballesta 8 baixo Tfno. 986 442424

Laboratorio Valenzuela, C/ Príncipe 33 Tfno. 986 225990

 

A CORUÑA

Clínica Gaias, C/Calvo Sotelo 17 baixo, 15004 Tfno. 981 919171

 

LUGO

Hospital Ollos Grandes, C/Concepción Arenal 15, baixo Tfno. 982 284040

Laboratorio Valenzuela, C/ Bispo Aguirre 22 Tfno. 982 315740

 

OURENSE

Clínica Semecor, C/Mateo de Prado 12 baixo Tfno. 988 243300

 

PONTEVEDRA

Laboratorio Valenzuela, Rúa da Oliva, 18 Tfno. 986 858313 

 

RIBEIRA

Clínica Gaias, Avda da Coruña 52 Tfno. 981 835683

 

FERROL

Clínica Gaias Ferrol, C/Mourel 1-3, 15406 Tfno. 981 589548

 

Por outra banda, a Federación Galega de Ciclismo facilitará test de antíxenos a prezo de custo (5,50 euros monodosis ou caixas de 20 unidades/4,50 euros) a todos os clubs que o soliciten para participar nesta competición. Para iso, os responsables dos equipos deberán enviar un correo electrónico cos nomes dos corredores inscritos na proba a federacion@fgalegaciclismo.es 

Na Volta a Lugo Máster, como vén sendo habitual dende o regreso das competicións á nosa comunidade, levaranse a cabo outras medidas sanitarias para crear unha burbulla: toma da temperatura, limpeza e desinfección das mans, e os corredores deberán portar as súas máscaras ata 30 segundos antes de que se dea a saída. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es