Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O calendario de estrada autonómico ponse en marcha coa Volta a Lugo Máster

05 DE ABRIL DE 2021

Esta fin de semana no Saviñao e en Chantada

O-calendario-de-estrada-autonomico-ponse-en-marcha-coa-Volta-a-Lugo-Master

Foto: Miguel Borrás Vigo

A Volta a Lugo Máster volve marcar un punto de partida no ciclismo galego. O pasado mes de xullo foi a primeira proba que se celebrou despois do parón provocado pola crise sanitaria da covid-19 e esta fin de semana encargarase de poñer en marcha o calendario de estrada 2021. O evento organizado polo Chantadino Master Team repite o formato da súa última edición. 

Esta proba para corredores das categorías máster-30, 40, e 50-60 arrancará este sábado, día 10, cun dobre sector. Escairón, capital do Concello do Saviñao, será o escenario dunha etapa en liña de 75 quilómetros dende as 11:00 horas e dunha contra o reloxo individual de 8,5 km a partir das 16:45. A Volta a Lugo Máster resolverase o domingo en Chantada cunha tirada de 70 km que comezará ás 10:45. 

O prazo para inscribirse remata este mércores ás 23:00. Fai click neste enlace para anotarte e acceder á toda información da rolda lucense. 

Para minimizar o risco de contaxio por covid-19, os corredores deberán pasar obrigatoriamente un test de antíxenos e completar o control de acceso á burbulla desta proba, un proceso no que se tomará a temperatura e levarase a cabo a limpeza e desinfección das mans. A máscara debe portarse ata que se dea a saída. 

 

GALERÍA DE FOTOS

O calendario de estrada autonómico ponse en marcha coa Volta a Lugo Máster
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es