Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campionato de Galicia de BTT Maratón vese obrigado a adiantar un día a súa celebración

07 DE OCTUBRE DE 2021

Disputarase en Viveiro o sábado 16 de outubro (10:00 horas), dado que para o domingo 17 convocouse unha manifestación polo Futuro da Mariña

O-Campionato-de-Galicia-de-BTT-Maraton-vese-obrigado-a-adiantar-un-dia-a-sua-celebracion-

O Campionato de Galicia de BTT Maratón 2021 - Viveiro Bike Xtreme adiántase un día. A Peña Ciclista Gráficas Lar, por motivos alleos á organización, vese obrigado a mover este evento do domingo 17 ao sábado 16 de outubro ás 10:00 horas. A modificación débese á convocatoria dunha manifestación polo Futuro da Mariña para a xornada na que estaba prevista a celebración do autonómico de Cross Country Maratón (XCM).

A mobilización de forzas de orde e de seguridade que vai provocar esa concentración, así como a afluencia de persoas que se agarda, impiden a coincidencia na mesma data cunha proba deportiva. A alternativa que se valorou como a máis axeitada é a de disputar o Campionato na véspera, e dese xeito contar con todos os efectivos dispoñibles para velar pola seguridade dos participantes. 

Desde a Federación Ciclismo Galego transmitimos o noso apoio á mobilización en defensa dos postos de traballo na Mariña, unha comarca que atravesa un periodo de gran incertidume pola situación de varias das súas factorías máis importantes. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es