Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria de eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e presidencia da FCG

04 DE JULIO DE 2022

Coa publicación desta convocatoria electoral, a Xunta Directiva cesa nas súas funcións e queda constituída a Comisión Xestora

Convocatoria-de-eleccions-a-Asemblea-Xeral-Comision-Delegada-e-presidencia-da-FCG

Segundo o previsto no Decreto 16/2018 de 15 de febreiro da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, actualizado polo Decreto 171/2021 de 23 de decembro e de acordo co disposto na Lei 3/2012, do 2 de abril do Deporte de Galicia, o Presidente da Federación Galega de Ciclismo convoca a celebración de eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia.

O proceso electoral levarase a cabo de acordo co disposto no Regulamento Electoral aprobado pola Asemblea Xeral en xuntanza extraordinaria celebrada o 13 de maio pasado e ratificado pola Secretaria Xeral para o Deporte.

Calendario electoral. Con esta mesma data publícase o calendario electoral aprobado e selado pola Secretaría  Xeral para o Deporte.

Censo electoral provisional. Dende a publicación desta convocatoria queda exposto o censo provisional de electores e elixibles para que calquera membro da Federación poida consultalo e facer as reclamacións que estime oportunas perante a Xunta Electoral ata o día 19 de xullo. A consulta do censo pode facerse no taboleiro de avisos da Federación ou na páxina web da mesma.

As persoas ou entidades que reúnan as condicións para pertencer ó censo electoral por máis dun estamento ou especialidade, disporán de prazo ata o 19 de xullo para manifestar por escrito perante a Xunta Electoral a súa opción por un ou outro estamento ou especialidade. Os criterios para identificar os electores nun único estamento, no caso de non exercer a opción individual, serán, por esta orde, no censo de árbitros, no de adestradores ou no de deportistas. No caso das especialidades o criterio será incluílos na especialidade que teña mais licenzas nese estamento.

Distribución do número de persoas membros da asemblea xeral. Con carácter provisional indícase que a Asemblea Xeral estará composta por 73 membros distribuídos por estamentos e especialidades segundo o anexo a esta convocatoria.

Data, lugar e o horario de celebración das votacións. Os actos do proceso electoral levaranse a cabo nas datas contidas no calendario electoral anexo ó Regulamento. As votacións á membros da Asemblea Xeral celebraranse o día 17 de setembro en horario de 10,00 h. a 14,00 h. As mesas electorais para elixir os membros da asemblea xeral estarán ubicadas:

 

  • Para a votación presencial dos electores con enderezo na provincia de A Coruña: Rúa Madrid 2-4º 2º Fontiñas, Santiago de Compostela (sede da SXD).

 

  • Para a votación presencial dos electores con enderezo na provincia de Lugo: Ronda da Muralla 70-1º, Lugo, Edif. Admvo. do Servizo de Deportes.

 

  • Para a votación presencial dos electores con enderezo na provincia de Ourense: Rúa do Serán s/n, Ourense (Estadio de fútbol do Couto).

 

  • Para a votación presencial dos electores con enderezo na provincia de Pontevedra: c/ Fotógrafo Luis Ksado 17, Vigo (sede da FGC).

 

  • Para o voto por correo: Secretaría Xeral para o Deporte, Apartado 229, 15704-Santiago de Compostela.

 

Modelos oficiais de sobres e papeletas. Figuran unidos ao Regulamento Electoral como anexo.

Regulamento electoral. Queda exposto no taboleiro de anuncios e na páxina web da FGC dentro da sección “procesos electorais”.

Procedemento e os prazos para o exercicio do voto por correo. O voto por correo está regulado no artigo 30 do Regulamento Electoral. O prazo para solicitar o voto por correo comeza coa publicación desta convocatoria e finaliza o día 16 de agosto. O envío do voto deberá realizarse nalgunha das oficinas de Correos ata do día 8 de setembro e deberá recibirse na mesa electoral do voto por correo antes das 10,00 h. do día 16 de setembro.

Forma de remisión da documentación á xunta electoral e á Secretaría Xeral para o Deporte. As reclamacións ante a Xunta Electoral e a remisión de documentación que sexa precisa serán presentados persoalmente ou por calquera medio (correo electrónico, burofax, correo certificado, telegrama,…) que acredite fidedignamente en dereito a presentación do escrito na sede federativa. O mesmo se terá en conta cando se remitan escritos ou documentos á Secretaría Xeral para o Deporte, podéndose dirixir ao enderezo electrónico elecionsfederacions2022.deporte.@xunta.gal Nos escritos dirixidos á Xunta Electoral ou á Secretaría Xeral para o Deporte deberá constar o enderezo de correo electrónico do remitente a efectos de resposta.

Composición nominal da xunta electoral da Federación, así como os enderezos postal e electrónico. A interpretación e aplicación do Regulamento Electoral corresponde á Xunta Electoral elixida pola Asemblea Xeral na mesma xuntanza extraordinaria na que se aprobou o Regulamento Electoral. A Xunta Electoral ten o seu enderezo no da Federación (c/ Fotógrafo Luis Ksado 17, Vigo) ó cal deberá remitirse toda a correspondencia dirixida á Xunta Electoral ou ás mesas electorais. O enderezo electrónico da Xunta Electoral e: eleccions2022@fgalegaciclismo.es A composición da Xunta Electoral é a seguinte:

- Membros titulares: Laureano Freire Ulbeira (Presidente), María José Prado Villar (Secretaria) e Yaiza Fernández Pérez (Vogal).

- Membros suplentes: Dolores Cuñarro Barros, Monserrat Fernández Val e Yessica González Simón.

 

Coa publicación desta convocatoria electoral, a Xunta Directiva cesa nas súas funcións e queda constituída a Comisión Xestora.

 

Documentos do Proceso Electoral

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es