30 DE MAYO DE 2025
En relación ao Campionato de Galicia CRI 2025 a celebrarse no núcleo de Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei, a organización da proba en sintonía co Comité Técnico de Árbitros queremos facer as seguintes aclaracións:
-----Dada a alta inscripción acadada, as categorías que disputan o percorrido curto de 13.9 kms (WH3,MH3,MH4,MH5, Infantil Fem, Infantil, Cadete Fem e Cadete) saíran cada 30 segundos mentres que o resto de categorías que disputan o percorrido longo 19.7 kms (MC3,MC5,MB, Junior, Junior Fem, Master Fem, Elite - Sub23 e Elite Sub23 Fem) sairán de minuto en minuto.
-----En relación ao citado anteriormente permitirase levar vehículo seguidor nas categorías que saen de minuto en minuto, sempre que o vehículo esté dirixido por un director deportivo titulado para tal efecto e con licencia en vigor no ano 2025. Dito director deberá aportar os seús datos durante a confirmación das inscripción da proba. Recórdase os directores deportivos que a distancia mínima entre o ciclista é o corredor será de 25 metros. Está absolutamente prohibido adiantar ao corredor ou poñerse a par del. Por motivos de seguridade, as categorías que saen de 30 en 30 segundos non terán permitido levar un vehículo seguidor.
-----Sobre a verificación de bicicletas: Poderanse revisar as bicicletas a partir das 15:40. Os corredores deberán presentarse para a verificación de material e vestimenta polo menos con 10 minutos de antelación, dentro dos cales xa non poderán abandoar a zona de control e saída. Todo corredor ao que se lle detecte algún tipo de material ou vestimenta antirreglamentario non poderá tomar a saída da proba.
-----Recórdase que só poderán optar ao título de Campión de Galicia os corredores con licencia expedida pola FCG e que non sexan estranxeiros, agás en Categorías "non UCI" (Infantil, Cadete e Máster), que tamén poderán optar aqueles corredores que sen posuír a nacionalidade sexan deportistas comunitarios con residencia en Galicia. (Os corredores sinalados en vermello non optan ao Campionato de Galicia).
Achégase documento coa orde de saída completa
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es