Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Ciclismo Galego

21 DE DICIEMBRE DE 2022

Este mércores en Santiago de Compostela

Asemblea-Xeral-Extraordinaria-da-Federacion-Ciclismo-Galego

En cumprimento do artigo 10 dos seus Estatutos, a Federación Ciclismo Galego celebra este mércores, día 21 de decembro, unha Asemblea Xeral Extraordinaria no Estadio Vero Boquete de Santiago de Compostela, na sede da Federación Galega de Fútbol. A primeira convocatoria está fixada para as 19:30 horas e a segunda ás 20:00. 

Orde do día 

1. Aprobación do Orzamento Anual 2023

a) Exposición do Orzamento

b) Informe da Comisión Delegada

2. Estudo e aprobación das Obrigacións Financeiras 2023

3. Estudo e aprobación do Calendario Deportivo 2023

4. Estudo e aprobación da Normativa Técnica 2023. Título III. Probas en BTT. Cap III-L.Probas de Resistencia

5. Aprobación Regulamento de Licenzas 2023

6. Rogos e Preguntas 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es