Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Subvencións para clubs da provincia de Pontevedra

02 DE MARZO DE 2023

Convocatoria para entidades deportivas que participan en competicións oficiais de ámbito inferior a estatal

Subvencions-para-clubs-da-provincia-de-Pontevedra

A participación en competicións oficiais de ámbito inferior a estatal por parte dos clubs da provincia de Pontevedra considérase unha actividade de interese para a Deputación de Pontevedra, xa que constitúe un factor esencial no desenvolvemento deportivo, supón un estímulo para fomentar o deporte base e cumpre unha función representativa e de reputación xeral do deporte na provincia.

Deste xeito, a Deputación de Pontevedra convoca as subvencións para os clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participan en competicións de ámbito inferior a estatal para o presente ano.

O procedemento de concesión das subvencións levarase a cabo en réxime de concorrencia competitiva.

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es