Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Acordo de colaboración entre RFEC e Vigo-Rías Baixas para organizar o próximo congreso da UEC

28 DE ABRIL DE 2023

O evento da Unión Europea de Ciclismo terá lugar en Santiago de Compostela o 17 de marzo do vindeiro ano

Acordo-de-colaboracion-entre-RFEC-e-Vigo-Rias-Baixas-para-organizar-o-proximo-congreso-da-UEC

A Real Federación Española de Ciclismo organizará o próximo Congreso da Unión Europea de Ciclismo o 17 de marzo de 2024 en Santiago de Compostela e contará coa colaboración do Vigo-Rías Baixas para levar a cabo as diferentes accións que requirirá a posta en marcha do mesmo. Hoxe, ambas as entidades, da man dos seus respectivos presidentes, José Luis López Cerrón e José Luis Chamorro, subscribiron un acordo para desenvolver esta colaboración na organización deste importante evento, que contará tamén co apoio da Xunta de Galicia.

Acompañando a José Luis López Cerrón, presidente da RFEC, e José Luis Chamorro, presidente do Vigo-Rías Baixas, estiveron na firma do acordo Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia; Diego Calvo Pouso, vicepresidente da Xunta de Galicia; José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego e Alejandro Martín, secretario xeral da RFEC.

Durante a celebración do próximo Congreso da Unión Europea de Ciclismo desenvolverase a reunión do seu comité director e na véspera celebrarase a Sharing Platform da UCI, mediante a cal se realizarán distintos actos culturais.

Máis información

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es