Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos volve á carga coa selección española no Europeo de Rotterdam

16 DE AGOSTO DE 2023

O campionato continental de Paraciclismo en Estrada arranca este xoves

Damian-Ramos-volve-a-carga-coa-seleccion-espanola-no-Europeo-de-Rotterdam

O calendario internacional de ciclismo Paralímpico en Estrada enlaza grandes eventos e na semana posterior ao Mundial de Glasgow chega o Europeo de Rotterdam. Para o campionato continental o seleccionador español Félix García Casas volve contar con Damían Ramos despois da súa sobranceira actuación no 'Super Mundial'. O corredor coruñés da clase 4 de bicicleta adaptada quedou dúas veces á porta do podio en Escocia.

Cuarto na contra o reloxo individual e quinto na proba en liña, o paraciclista do Lasal Cocinas-Louriña obtivo en Glasgow os seus resultados de maior nivel co combinado estatal. Ramos disputará nos Países Baixos o seu segundo Campionato de Europa tras estrearse o ano pasado cun dobre sexto posto en Austria. 

A competición en Rotterdam iníciase o xoves co Team Relay, mentres que o venres será a quenda para as CRI de todas as categorías. Pola súa parte, o sábado dedicarase ás probas en liña de tandems e bicicletas, e o domingo porase o broche de ouro coas probas en liña de triciclos e handbikes. Nesta ligazón pode verse o programa de competición.

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es