Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame

20 DE FEBRERO DE 2023

Rebeca Muñoz-Yago Fernández, Uxío Canosa-Pablo Rodríguez e Sheila Sánchez-Verónica González fixéronse cos primeiros títulos por parellas na historia autonómica desta especialidade

Irene-Trabazo-e-Manuel-Parada-dominan-o-Campionato-de-Galicia-3h-Resistencia-en-Lousame

Fotos: Luz Iglesias

A segunda edición do Campionato de Galicia de 3h Resistencia repartiu quince coroas este domingo na localidade coruñesa de Lousame. Entre os 300 bikers que esgotaron a cota límite fixada de participantes, a elite Irene Trabazo (XSM) e o máster-30 Manuel Ángel Parada (Xesteiras) reinaron na competición individual. Por primeira vez na historia autonómica desta especialidade puxéronse en xogo títulos por parellas e foron conquistados por Rebeca Muñoz (Xesteiras)-Yago Fernández (Biciverde), Uxío Canosa-Pablo Rodríguez (Os Esfola Arrós) e Sheila Sánchez-Verónica González (Caimanes Betanzos).

O Club BTT O Treito exerceu de anfitrión da 3H Resistencia Lousame, un evento que respondeu á responsabilidade de tratarse da cita máis importante do ano nesta especialidade do BTT. O único factor que non se pode controlar, o das condicións meteorolóxicas, tamén acompañou e nunha mañá solleira as corredoras e os corredores buscaron dar o máximo de voltas en 3 horas ao trazado deseñado no lugar de Berrimes. O percorrido de case 6 quilómetros constaba de tres treitos dunha lonxitude similar: unha subida inicial, unha rápida baixada e un sector chairo nun single track ao carón do río. 

Unha semana despois de perder a xeral máster-30 da Copa Galicia na última volta da xornada de clausura, Manuel Parada dominou por primeira vez o Campionato de Galicia 3h Resistencia, proba na que o ano pasado quedou fóra de combate ás primeiras de cambio por mor dunha caída. O biker de Aguiño deu dez voltas ao circuíto lousamián en 2 horas 47 minutos e 36 segundos avantaxando en 4'39" ao novo campión elite Rubén Quintáns (Fundefrenos) e en 17" ao novo campión máster-40 Fernando Díaz (Narón).

En total, doce corredores da competición individual sumaron dez xiros. A cuarta posición correspondeu ao elite Samuel González (Máis Que Bicis), a quinta ao tamén elite Diego Álvarez (V Bike) e a sexta a outro ciclista da mesma categoría, a Yago Fernández (Extol). Xunto ao cuarto clasificado elite entrou na meta erguendo os brazos o gañador sub23 Ricardo Buba (High Level). 

O título do grupo de idade júnior acadouno Francisco Agrafojo (Cambre) logo dun vibrante duelo ata os metros finais con Martín Sestelo (Avanza-O Porriño). Entre os master-50 venceu con claridade Antonio Rodríguez (Ourense Termal) e nos máster-60 Manuel Dorrio (Cambre) decantou o seu favor o duelo con Carlos Gómez (Ourense Termal)

Estrea triunfal

 Eva Ortega (Extol) defendía a súa condición de campioa elite no 2022 e de invicta no calendario autonómico, pero non puido revalidar ningunha das dúas. Impediullo unha corredora que esta temporada aínda non participara nunha proba de 3h Resistencia. A marinense Irene Trabazo soubo administrar a vantaxe acumulada nos tres primeiros parciais e liderou a carreira ata o final malia á reacción da representante do conxunto do Deza. Ambas deron oito voltas, pero a capitá do XSM inverteu 55" menos na súa estrea triunfal.

Un xiro menos ao circuíto deu Sofía Álvarez (Cambre), gañadora sub23 e protagonista da terceira mellor actuación entre as mulleres. Cuarta terminou Desiree Fernández (Ribadumia), ocupando o terceiro chanzo no podio elite, e quinta a máster-30 portuguesa Sofía da Silva (Extol), que competiu ao marxe do Campionato de Galicia ao non contar con licenza autonómica. Mirian Iglesias (Media Ducia), sexta na táboa absoluta, anotouse o título máster-40, o júnior recibiuno Lara Fuentes (Cambre) e o máster-50, María del Carmen Armada (Farto).

Parellas

O Campionato de máis recente creación no calendario da Federación Ciclsmo Galego (FCG) incluíu por primeira vez ás parellas na lista de categorías oficiais. Baixo o formato de remudas competiron dúos mixtos, femininos e masculinos. Uxío Canosa e Pablo Rodríguez impuxéronse na proba de homes con dez voltas e 1'06 de diferenza respecto a David Seage e Rubén Castiñeiras (Speedcross), que bateron por unicamente 5" a David Romero (Barbanza) e Iago Davila (Toxo).

O título mixto obtivérono con nove parciais completados Rebeca Muñoz e Yago Fernández. A 1'32" do tándem do Xesteiras e do Bici Verde concluíu a parella do XSM formada por Marta Estévez e Zoe del Río e a 3'06" os terceiros clasificados Iria Nieto e Ángel Vilanova, dúo do Compostelano. A categoría feminina tivo como triunfadoras a Sheila Sánchez e Verónica González.

Ao marxe do Campionato de Galicia disputáronse as carreiras cadetes por parellas con vitorias de Sara Peón e Darío Buceta (Farto) na categoría mixta, de Alejandra Neira e Lara Pita (Cambre) nas rapazas e de Xian Rodríguez (Cortizo) e Anxo Delgado (Compostelano) nos rapaces. 

As autoridades encargadas de repartir os premios no podio foron Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame; Jesús Martínez, concelleiro de Deportes; Manuel Sestayo, presidente do Club BTT O Treito; e Juan Carlos Muñiz, presidente da FCG. Ao remate da cerimonia detectouse un erro de impresión nas camisolas dos campións de Galicia. A Federación comunicou o acontencido ao seu proveedor e patrocinador Ottobosley, que xa está preparando os novos maillots para ser entregados no menor prazo posible.  

 

Podios

Júnior F

1. Lara Fuentes (Cambre)

Júnior M

1. Francisco Agrafojo (Cambre)

2. Martín Sestelo (Avanza-O Porriño)

3. Víctor Lozano (Farto-BTC)

Sub23 F

1. Sofía Álvarez (Cambre)

2. Zaira Vila (Coruxo)

Sub23 M

1. Ricardo Buba (High Level)

2. Ignacio Casal (Extol)

3. Diego Marnotes (Extol)

Elite F

1. Irene Trabazo (XSM)

2. Eva Ortega (Extol)

3. Desiree Fernández (Ribadumia)

Elite M

1. Rubén Quintáns (Fundefrenos)

2. Samuel González (Máis Que Bicis)

3. Diego Álvarez (V Bike)

Máster-30 M

1. Manuel Parada (Xesteiras)

2. David Vázquez (Muros)

3. Brais Rodríguez (3 AG)

Máster-40 F

1. Mirian Iglesias (Media Ducia)

2. Rebeca Nieto (Vara e Pedal)

Máster-40 M

1. Fernando Díaz (Narón)

2. Jorge Novoa (Burgas Bike)

3. Carlos Alberto Pérez (3AG)

Máster-50 F

1. María del Carmen Armada (Farto)

Máster-50 M

1. Antonio Rodríguez (Ourense Termal)

2. José Manuel Gómez (Xesteiras)

3. Aquilino Casalderrey (Ribadumia)

Máster-60 M

1. Manuel Dorrio (Cambre)

2. Carlos Gómez (Ourense Termal)

3. Antonio González (Salvaterra)

Parellas Mixtas

1. Rebeca Muñoz (Xesteiras) - Yago Fernández (Bici Verde)

2. Marta Estévez - Zoe del Río (XSM)

3. Iria Nieto - Ángel Vilanova (Compostelano)

Parellas F

1. Sheila Sánchez - Verónica González (Caimanes Betanzos)

Parellas M

1. Uxío Canosa - Pablo Rodríguez (Os Esfola Arrós)

2. David Seage - Rubén Castiñeiras (Speedcross)

3. David Romero (Barbanza) - Iago Davila (Toxo)

Clasificacións

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame
Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame
Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame
Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame
Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame
Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame
Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es