Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Rubén Deaño foi un lóstrego na Copa Galicia XCO de Cuntis

29 DE MAYO DE 2023

Vitoria e liderado para Irene Trabazo nas elites

Ruben-Deano-foi-un-lostrego-na-Copa-Galicia-XCO-de-Cuntis

Fotos: Luz Iglesias

Despois da tormenta chegou o espectáculo na Copa Galicia de Cross Country Olímpico. O II XCO Vila de Cuntis celebrouse o pasado sábado tras unha treboada que modificou as condicións do terreo no escenario da oitava xornada do certame autonómico. Nun circuíto máis pesado do previsto, o elite Rubén Deaño (Ourense Termal) e a elite Irene Trabazo (XSM) pedalearon como lóstregos nas carreiras raíñas. 

O trazado deseñado polo Club de Montaña Xesteiras, moi traballado, agradou aos participantes tanto do Mini BTT matinal como do XCO que se disputou pola tarde. Jorge Punzón (Cosmos), líder da xeral elite, buscaba a súa terceira vitoria consecutiva, pero impediulla un biker que aínda non estreara a súa conta de triunfos nesta edición a Copa. Rubén Deaño impúxose cun tempo de 1:34:02 e cunha vantaxe de 1'10".

O segundo posto de Punzón permítelle consolidar a súa primeira posición na táboa do certame autonómico dado que Manuel Ángel Parada (Xesteiras), o seu máximo rival na xeral, fixo terceiro elite e cuarto na clasificación absoluta. O representante do club organizador cruzou a meta xunto ao tamén elite Alberto Pedreira (Bici Verde) e 27" antes de que finalizara este dúo rematou o líder e gañador sub23 Anxo Carril, que continúa invicto no seu grupo de idade. 

Os triunfos no resto das categorías masculinas tamén resultaron incontestables. Xián Alvariño (Lynalfa-Ponteareas) dominou nos cadetes, Álex García (Academia Postal-Maceda) nos juniors, José Ramón Villanueva (Código Bike) nos máster-30, Jorge Aguín (Moto Bike) nos máster-40, Antonio Rodríguez (Ourense Termal) nos máster-50 e José Manuel González (Academia Postal-Maceda) nos máster-60. 

O único cambio de líder nas xerais da Copa deuse nas elites. Irene Trabazo anotouse o seu terceiro éxito desta campaña no certame coordinado poloa Federación Ciclismo Galego e rachou o empate que mantiña con Lara Lois, ausente en Cuntis. A capitá do XSM bateu por 6'16" á gañadora sub23 Carla Fernández (QueBici-Marcisport). 

O club marinense obtivo outra vitoria coa cadete Lorena Patiño e Aroa Otero (Supermercados Froiz) superou por 45" a súa compañeira de equipo Uxía Soto no desenlace máis axustado da xornada. En canto ás masters, Silvia García (Bici Verde) subiu ao máis alto do podio. 

Ao seu último parón da temporada, previo ao trípico que baixará o pano do calendario, a Copa chega liderada por Iris Fernández e Néstor Frías, ambos do Academia Postal-Maceda, en cadetes; por Yaiza Vila (Team Bike Outeiro de Rei) e Martín Sestelo (Avanza-O Porriño) en juniors; por Sofía Álvarez (Cambre-Renault Caeiro) e Anxo Carril en sub23; Irene Trabazo e Jorge Punzón en elites; Raquel Vázquez (Esmelle) e José Ramón Villanueva en máster-30; Silvia García e Jorge Aguín en máster-40; Antonio Rodríguez nos máster-50; e José Manuel González nos máster-60. 

O certame galego de XCO regresará o 11 de xuño en Poio. Toda a información sobre esta competición podes atopala na súa sección dentro desta mesma páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaXCO23.

 

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

Rubén Deaño foi un lóstrego na Copa Galicia XCO de Cuntis
Rubén Deaño foi un lóstrego na Copa Galicia XCO de Cuntis
Rubén Deaño foi un lóstrego na Copa Galicia XCO de Cuntis
Rubén Deaño foi un lóstrego na Copa Galicia XCO de Cuntis
Rubén Deaño foi un lóstrego na Copa Galicia XCO de Cuntis
Rubén Deaño foi un lóstrego na Copa Galicia XCO de Cuntis
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es