Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Os resultados do Enduro da Picaraña non se computan para a Copa Galicia

01 DE JUNIO DE 2023

A Comisión Técnica da FCG adopta esta decisión tras detectarse posibles erros na cronometraxe

Os-resultados-do-Endura-da-Picarina-non-se-computa-para-a-Copa-Galicia

Unha vez reunida a Comisión Técnica da Federación Ciclismo Galego (FCG), coa presenza e asesoramento do Comité Técnico de Árbitros (CTA) e a participación en calidade de convidado de José Pose -presidente da ADC A Picaraña-, acordouse anular os puntos do IV Enduro das Rosquillas ADC Picaraña-Biziebike no cómputo total da Copa Galicia de Enduro 2023.

Nesta xuntanza expuxéronse as incidencias detectadas na cronometraxe dos treitos da proba celebrada o pasado 21 de maio no concello pontevedrés de Ponteareas. Despois de analizar os arquivos e as correccións feitas pola empresa externa de cronometraxe, continúanse detectando posibles erros polos cales non se pode garantir que as clasificacións finais foran as correctas.

Deste modo, a Comisión Técnica da FCG anula os puntos repartidos nesta proba e, ao mesmo tempo, pide desculpas aos corredores afectados por esta resolución. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es