04 DE AGOSTO DE 2023
Foto: Antonio Vaztra
Por mor dos problemas que se atoparon os organizadores da Lugo Bike Tour e da XX Marcha Costa da Morte á hora de solicitar os permisos para a celebración dos seus eventos, estas dúas probas da Copa Galicia XCM quedan suspendidas. Dende o Club Creto Bikes e o Club Ciclista Monteneme piden desculpas ás bikers e aos bikers que xa programaran a súa participación nestas carreiras, pero os contratempos administrativos que xurdiron resultan insalvables.
Unha vez canceladas as citas previstas para o 10 de setembro e o 1 de outubro, o calendario da Copa Galicia de Cross Country Maratón concluirá o 27 de agosto en Guitiriz coa disputa da VII Ruta Btteiros Cova da Serpe. Este certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego comezou a pasada fin de semana coa Viveiro Bike Xtreme e continuará este domingo coa II BTT Carral XCM, segunda e penúltima proba puntuable.
Toda a información sobre a Copa Galicia de Cross Country Maratón 2023 podes atopala na súa sección dentro desta mesma páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaXCM23.
BTT
BTT
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es