13 DE SEPTIEMBRE DE 2023
A cidade de Ourense acollerá o domingo, 17 de setembro, o I Pumptrack Concello de Ourense, que organiza Ourense Maese Riders Team coa colaboración do Concello, a Deputación e a Xunta, que se desenvolverá no circuíto de pumptrack do Parque das Letras, na rúa do Bispo Lourenzo, desde as 11 da mañá. O evento pecha o calendario da primeira edición da Copa Galicia desta especialidade.
A cita, con bicicletas de 20 polgadas, reunirá participantes de todas as categorías con licenza federativa, masculina e feminina, que loitarán por rexistrar o mellor tempo de 2 mangas no circuíto. Ao tratarse da derradeira proba da Copa entregaranse os premios das clasificacións xerais.
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, asistiu á presentación da competición na que colaboran o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, Deporte Galego da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense e Inorde-Turismo Ourense.
Toda a información sobre a Copa Galicia de Pump Track podes atopala na súa sección dentro desta mesma páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaPT23.
BTT
BTT
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es