Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campionato de España XCM e catro citas das Copas estatais de BTT celebraranse no 2024 en Galicia

17 DE OCTUBRE DE 2023

A Lalín Bike Race porá en xogo os títulos de Maratón. O DHI Pozo do Demo estréase no certame de Descenso.

O-Campionato-de-Espana-XCM-e-catro-citas-das-Copas-estatais-de-BTT-celebraranse-no-2024-en-Galicia

A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo aprobou na súa última xuntanza as datas e os lugares onde se disputarán os Campionatos de España 2024 de BTT XCO, XCC, XCM, DHI e Enduro, así como as probas das Copas de España de BTT XCO, XCM, DHI e Enduro. Neses calendarios contabílizanse cinco eventos galegos. A Lalín Bike Race porá en xogo os títulos estatais de Maratón e o resto de citas repartirán puntos para os certames da RFEC: o Endurrazo e a Monte Faro Enduro Race repiten no de Enduro, e o de Descenso volverá concluír no Trofeo Federación DHI Manzaneda Bike Park despois de vivir a estrea do DHI Pozo do Demo en Verín.

Tal e como aconteceu no 2021, a Lalín Bike Race exercerá de Campionato de España de Cross Country Maratón. O desafío que ten como anfitrións ao Extol MTB Team e ao Montes do Deza disputarase o 23 de xuño. 

Máis información Campionatos

Outras dúas probas galegas consolidadas no panorama estatal mantéñense na Copa de Enduro. O 7 de abril Moaña vibrará co Endurrazo 2024 do THC Bike, segunda das cinco citas dunha competición que finalizará o 19 de maio en Ares e en Mugardos coa celebración da Montefaro Enduro Race do Pulpeiros Mugardos. 

Na nosa comunidade tamén se resolverá a Copa de Descenso. A quinta e última xornada puntuable será o VI Trofeo Federación DHI Manzaneda Bike Park, organizado pola Federación Ciclismo Galego na estación de montaña ourensá o 18 de agosto. Na mesma provincia o DHI Pozo do Demo dará o salto ao calendario español o 28 de abril. O evento do Bicicletas Chinquena Racing Team converterá a Verín no escenario da terceira proba do certame máis vertixinoso que coordina a RFEC. 

Máis información Copas

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es