Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Brandán Márquez e Eva Ortega conquistan Manzaneda no peche da Transgalaica

26 DE ABRIL DE 2024

Raquel Román e Diego Álvarez certificaron os seus triunfos nas xerais absolutas

Brandan-Marquez-e-Eva-Ortega-conquistan-Manzaneda-no-peche-da-Transgalaica

Fotos: Transgalaica

Por terceiro ano consecutivo o circuíto Transgalaica de XCM puxo o seu colofón no espectacular circuíto de Manzaneda. A cita disputada o pasado domingo na estación de montaña ourensá tivo como dominadores a Brandán Márquez (VBikes) e a Eva Ortega (Extol-Zambora), e non provocou cambios no máis alto das xerais absolutas. Raquel Román (Bici Verde) e Diego Álvarez (VBikes) certificaron os seus triunfos despois de cinco maratóns. 

Dende o inicio dos 56 quilómetros de percorrido, Brandán Márquez abriu a carreira en solitario e presentouse na liña de meta con máis de 5 minutos de vantaxe respecto ao seu compañeiro de equipo Diego Álvarez, quen o día anterior rematara como mellor máster-30 a proba da Copa de España celebrada no municipio estremeño de Jerez de los Caballeros. O órdago do tudense tamén lle serviu para proclamarse gañador da Transgalaica por segundo ano seguido. A tripla do V Bikes completouna Alberto Alanís. 

Tanto na competición masculina como na feminina impuxéronse bikers que nunca subiran ao máis alto do podio en Manzaneda. Eva Ortega venceu entre as mulleres con case 17 ' de marxe respecto a Raquel Román, líder final da xeral. Andrea Escudeiro (Ribadumia) logrou a terceira praza elite e absoluta. 

imagen

A última xornada tampouco alterou o ranking da Transgalaica do Futuro. Malia a vitoria de Adrián Caamaño (Caimanes Betanzos), o berciano Iker Nuevo (La20Veinte) adxudicouse a xeral. Por equipos, o VBikes foi o mellor en Manzaneda e o Milagrosa apuntouse a clasificación definitiva do certame que este ano percorreu as catro provincias da nosa comunidade. 

Clasificacións 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Brandán Márquez e Eva Ortega conquistan Manzaneda no peche da Transgalaica
Brandán Márquez e Eva Ortega conquistan Manzaneda no peche da Transgalaica
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es