08 DE MAYO DE 2024
Fotos: RFEC
O domingo 19 de maio a Montefaro Enduro Race resolverá as clasificacións xerais da Copa de España de Enduro e tres riders galegos presentaranse na quinta e última cita do calendario á fronte das súa categorías. O elite Marco Veiga (CiclosQuintena), o sub-23 David Fernández (Avanza-O Porriño) e o máster-40 Pedro Dapena (CiclosQuintena) conservaron as camisolas de líderes a pasada fin de semana na Súper Enduro Arfa, pero só un deles pisou o caixón na provincia de Lleida.
O naronés Marco Veiga protagonizou un fermoso duelo con Edgar Carballo (Vadebicis) pola vitoria absoluta. Despois de catro treitos cronometrados que se disputaron no trazado de 35 quilómetros e 1.600 metros de desnivel positivo, o primeiro posto correspondeu ao canario por unicamente 6 décimas de diferenza. O catalán Ferrán Jorba (ST. Andreu Barca) rematou terceiro a 18 segundos do gañador.
A clasificación elite da Copa non varía nas tres primeiras posicións, aínda que se estreita a distancia entre os dous primeiros. Veiga acumula 700 puntos e Carballo 683. A pugna pola coroa queda pendente do que aconteza en Mugardos e Ares.
O duelo galego-canario tamén se dá nos sub-23. David Fernández, sexto en Arfa, lidera con 627 puntos gozando dunha vantaxe de 77 respecto ao insular Marcos Dóniz (Vadebicis), que fixo segundo na proba ilerdense. Pola súa banda, Pedro Dapena ocupou a cuarta praza nos máster-40, resultado co que practicamente certificou o título. Dispón dun colchón de 135 puntos sobre o vasco Endika Arizmendiarreta (Arauntza Riders).
O resto de top-10 galegos en territorio catalás asináronos os máster-50 José Ernesto Camesella (Monteboi Bike), sétimo e ascende á segunda praza da xeral sen opcións de alcanzar ao líder, e o seu compañero de equipo Santiago Alonso, oitavo.
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es