Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Ángel Suárez asina o seu primeiro top-10 da temporada na Copa do Mundo de Descenso

24 DE MAYO DE 2024

O piloto vigués obtivo a novena posición en Bielsko-Biala

angel-Suarez-asina-o-seu-primeiro-top-10-da-temporada-na-Copa-do-Mundo-de-Descenso

Foto: Frameworks Racing

Un ano máis Ángel Suárez volve estar entre os mellores corredores de Descenso do planeta. Despois dunha serie de infortunios no arranque do curso, o rider vigués acadou a pasada fin de semana o seu primeiro top-10 na Copa do Mundo de DH coas cores do seu novo equipo, o Frameworks Racing. O catro veces campión de España clasificouse noveno en Bielsko-Biala

O circuíto polaco estreouse na Copa do Mundo exercendo de segunda cita puntuable da temporada. Cunha baixada en condicións óptimas para a final e un pouco de chuvia que engadiu emoción, Suárez detivo o reloxo en 2 minutos 58 segundos e 265 milésimas. O corredor olívico quedou a menos dun segundo e medio do podio e a dous segundos e medio do gañador, do irlandés Ronan Dunne (Mondraker).

"Contento de sentirme tan rápido e con boas sensacións esta finde. O equipo traballou para mellorar o set up para que me sentira máis cómodo. Súper agradecido por iso, imos a por máis", escribiu o galego nas súas redes sociais. A seguinte proba da Copa do Mundo de DH terá lugar do 7 ao 9 de xuño en Leogang (Austria).

Clasificación

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es