05 DE AGOSTO DE 2025
Fotos: UEC
Dúas semanas despois de acoller o Campionato de España, a Estación de Esquí de La Molina (Girona) puxo en xogo outros títulos de Descenso: os do Campionato de Europa. A oportunidade de medirse cos mellores especialistas continentais de DHI sen saír da península ibérica non a deixaron pasar por alto varios riders da nosa comunidade e dous deles subiron ao podio. Unha promesa e un experimentado piloto conseguiron os metais galegos no circuíto Comella DH.
O vigués Dani Barcía (THC Bike) proclamouse subcampión de Europa na categoría Infantil. O representante da formación moañesa marcou na final Sub-15 un tempo de 3 minutos 17 segundos e 62 centésimas, un rexistro que só bateu Reid Simpson (Gran Bretaña), gañador por 8" de diferenza. O terceiro chanzo do podio ocupouno Tom Pallares (Francia), que se quedou a máis de 3" do rapaz que no pasado mes de xuño asistiu como convidado á Xornada de Formación FCG celebrada en Verín.
O pontés Manuel Pellón (BDM Bike Club) xa pisara o caixón en La Molina o pasado 20 de xullo no Campionato de España e repetiu resultado a nivel europeo. Fixo terceiro no grupo de idade Máster-35/39 grazas a un tempo de 3:17.47. A súa actuación mellorárona dous franceses, Cedric Martin por 2" e o vencedor Julien Alazard por 3.33".
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es