Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O DH A Fracha repite como Campionato de Galicia, esta vez con televisión en directo

19 DE SEPTIEMBRE DE 2025

A proba deste domingo será retransmitida pola TVG

O-DH-A-Fracha-repite-como-Campionato-de-Galicia-esta-vez-con-television-en-directo

Mesmo escenario, máis ambición. O DH A Fracha exerce este domingo por segundo ano consecutivo como Campionato de Galicia de Descenso e faino en pleno crecemento como evento. A Peña Ciclista Moto Bike aspira a levar á súa proba a outro nivel, coa ollada posta a medio prazo no calendario internacional, e unha das novidades que presenta esta edición é a da televisión en directo. A TVG, cos comentarios da seleccionada autonómica Eva Castro, retransmitirá na súa páxina web a cita pontevedresa. 

A inscrición para lanzarse polo parque forestal da parroquia de Marcón pechouse con 120 riders. A actividade na Fracha arrancou este venres co recoñecemento a pé. O sábado está reservado aos adestramentos, os libres de 10:00 a 14:00 horas e os oficiais dende as 16:00 ata as 19:00. A competición chegará o domingo, coa quenda clasificatoria ás 9:15 horas e a continuación, ao redor das 12:00, a final. 

imagen

"Este proxecto transcende o deporte e coida os montes. Temos un tesouro na Fracha", comentou durante a presentación o humorista David Amor, implicado na organización deste DH e quen agarda "seguir medrando e que en dous ou tres anos sexa un evento internacional". No acto que se celebrou no Concello de Pontevedra tamén participaron Anabel Gulías, concelleira de Deportes; Xisela Aranda, directora de Deportes da Deputación de Pontevedra; Nacho Cons, presidente do Moto Bike; e Juan Carlos Muñiz e Óscar Sánchez, presidente e vicepresidente da Federación Ciclismo Galego. 

Hai un ano os títulos de Descenso da Federación Ciclismo Galego conquistáronos Guillermo García en Infantil, Mario Barreiro en Cadete, Héctor Quinteiro en Júnior, David Fernández en Sub-23, Alba Arias e Sergio Peleteiro en Elite, Manuel Pellón en Máster-30, Jose Montenegro en Máster-40 e Marcos Araújo en Máster-50. 

 

DOCUMENTOS ADJUNTOS

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es