29 DE JUNIO DE 2020
O pelotón máster regresará ás estradas no mes de xullo. O sábado 18 e o domingo 19 celebrarase a Volta a Lugo Máster na Ribeira Sacra. O Chantadino Master Team organiza a quinta edición desta cita prevista inicialmente para finais do pasado mes de marzo e que foi adiada por mor da crise sanitaria do COVID-19. A inscrición xa está aberta en emesports.es.
Os corredores máster-30, máster-40 e máster-50/60 disputarán un dobre sector na primeira xornada. Pola mañá, a partir das 11:00 horas, terán que percorrer 75 quilómetros con inicio e chegada en Escairón. Pola tarde, dende as 17:00 horas, a capital do concello do Saviñao repetirá como escenario dunha contrarreloxo individual de 8 km.
O domingo a saída e a meta trasladaranse a Chantada. Ás 10:45 horas comezará a competición sobre un trazado de 70 km nos que se decidirá o gañador final absoluto da volta e os vencedores en cada categoría.
Todo ciclista retirado ou que chegue fóra de control na primeira etapa poderá tomar a saída na seguinte, pero sen poder optar a ningunha clasificación xeral. Do mesmo modo, os corredores poderán anotarse de xeito individual a calquera das etapas, sen poder optar á clasificación final por tempos.
Máis información sobre a Volta a Lugo Máster en emesports.es e na páxina de Facebook do Chantadino Master Team.
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es