Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Cancelado o Campionato de Galicia Júnior de Fondo en Estrada

04 DE JULIO DE 2020

O Club Ciclista Betanzos toma esta decisión debido á tendencia da pandemia do Covid-19

Cancelado-o-Campionato-de-Galicia-Junior-de-Fondo-en-Estrada-

O Club Ciclista Betanzos toma esta decisión debido á tendencia da pandemia do Covid-19

A través do seguinte comunicado, a directiva do Club Ciclista Betanzos vén de anunciar a cancelación do Campionato de Galicia Júnior de Fondo en Estrada previsto para o 18 de xullo:

"A Xunta Directiva do Club Ciclista Betanzos, lamenta ter que comunicar a cancelación do Campionato de Galicia de Fondo en Estrada, categoría Júnior, que debía de disputarse o vindeiro sábado día 18 de xullo.

A actual tendencia da pandemia, con continuos rebrotes por toda a xeografía española e galega, coa inseguridade que produce e o principio de prudencia, levaron a esta xunta directiva a tomar esta decisión en reunión extraordinaria mantida o martes 30 de xuño.

A pesar de todas as ganas e o esforzo persoal que puxemos ata o último momento, con todos os permisos, rutómetros e demais permisos administrativos xa presentados. E coa vista posta en non prexudicar aos posibles participantes que de cara e esta proba levan traballando intensamente desde que hai xa varias semanas comunicamos a súa posible celebración. 

O noso agradecemento ao Concello de Betanzos, á Federación Galega de Ciclismo e aos nosos patrocinadores, quen desde o primeiro momento nos aminaron e apoiaron para levar a cabo esta proba.

Poñémonos ao dispor da Federación Galega de Ciclismo e a súa Comisión Delegada, e emprazamos a todo o colectivo ciclista galego, da categoria júnior, para unha nova cita na data que así se determine e a condición de que a situación da pandemia así o permita". 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es