Facebook Twitter Youtube Instagram Español

José María Tajes apúntase a vitoria máster-50 en El Franco

26 DE ABRIL DE 2024

Diego Álvarez logrou a segunda posición máster-40 na proba asturiana da Copa de España

Jose-Maria-Tajes-apuntase-a-vitoria-master-50-en-El-Franco

Fotos: RFEC

Os ciclistas galegos practicamente correron na casa na terceira xornada da Copa de España de Máster. No concello asturiano de El Franco, na comarca de Eo-Navia, o Castropol Deporte C. D. B. organizou unha carreira na que chegaron os primeiros podios da temporada para a nosa comunidade neste certame estatal de Estrada. José María Tajes (Norinver) impúxose nos máster-50 e Diego Álvarez (Aerodynamics) asinou a segunda posición nos máster-40.

O percorrido constaba de 89 quilómetros e 1.200 metros de desnivel acumulado co ascenso ao Alto da Rebollada como principal dificultade motañosa. O lucense Diego Álvarez, terceiro na clasificación absoluta, foi o mellor galego despois de cruzar a liña de meta a 12 segundos do máster-40 asturiano Iván Treceño (Casa Suncia) e do máster-30 estremeño Daniel Sánchez (Tany Nature). A terceira praza máster-40 correspondeu a Mikel Núñez (Lasal Cocinas - Craega) e dentro do top-10 deste grupo de idade rematou Francisco Javier Iglesias (Aerodynamics), noveno. En canto aos máster-30, Santiago Fernández (Ciclismo-Triatlon Poio) fixo décimo, un posto por diante de Lázaro López (Aerodynamics).

imagen

O triunfo máster-50 conseguiuno en solitario José María Tajes. O corredor do Norinver avantaxou en 27" ao asturiano Juan Manuel Toribio (Aerodynamics). Os 25 puntos sumados sitúan terceiro na xeral ao gañador en El Franco. Esta Copa de España, cun calendario composto por seis citas, continuará o 12 de maio en Fuencaliente del Burgo (Soria).

Máis información

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es