Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Magnus Cort Nielsen inaugura coa súa vitoria O Gran Camiño en Matosinhos

26 DE FEBRERO DE 2025

O danés do Uno-X impúxose ao esprint na etapa portuguesa da gran rolda profesional galega

Magnus-Cort-Nielsen-inaugura-coa-sua-vitoria-O-Gran-Camino-en-Matosinhos

Foto: @sprintcycling

Magnus Cort Nielsen (Uno-X Mobility) volveu a vestirse de amarelo en O Gran Camiño. Como xa fixera na primeira etapa da primeira edición da gran rolda profesional galega, o que foi primeiro líder desta proba levantou esta vez os brazos na súa primeira etapa internacional, O Camiño de Portugal, que uniu as localidades de Maia e Matosinhos a través de 190 quilómetros e terminou nun esprint masivo no que o danés se colocou primeiro lider da clasificación.

Ademais, Ander Okamika (Burgos Burpellet BH), levou a camisola da montaña, Filippo Turconi (VF Group-Bardiani CSF-Faizanè) líder dos corredores sub-23 e o propio Magnus Cort Nielsen comandou a xeral por puntos. Por último, o mellor equipo desta primeira etapa foi o Burgos Burpellet BH.

imagen

Pasadas as 12 do mediodía tomaron a saída 125 corredores, tras a indisposición de Matthew Walls (Groupama - FDJ) que foi a primeira baixa da presente edición da proba. Rapidamente formouse a primeira escapada do día, en tan só 10 quilómetros, con seis corredores que saltaron do pelotón e consolidáronse ás primeiras de cambio. Filippo Turconi (VF Group-Bardiani CSF-Faizanè), Ander Okamika (Burgos Burpellet BH), Artem Nych (Anicolor - TIEN 21), Víctor Martínez (Anicolor - TIEN 21), Mauricio Moreira (Efapel Cycling) e Pau Llaneras (Illes Balears Arabay). A vantaxe con respecto ao pelotón subiu velozmente, e Daniel Dias (Radio Popular - Paredes - Boavista) saltou do grupo para tentar tomar contacto coa fuga. Con todo, tras case trinta quilómetros roldando en solitario, o ciclista portugués desistiu e deixouse absorber polo pelotón, que rodou a 3 minutos da cabeza de carreira.

A primeira dificultade montañosa da edición foi o Alto de Feitos, de 3ª categoría. Filippo Turconi coroouno en primeiro lugar, seguido de Víctor Martínez e Pau Llaneras. Quince quilómetros despois, Filippo Turconi tamén pasou primeiro polo esprint intermedio de Barrosela, seguido de Ander Okamika e Artem Nych. Os corredores continuaron co seu progreso por localidades portuguesas que aplaudían aos corredores, os cales rodaban cunha velocidade media de 42,660 nas tres primeiras horas. Pola súa banda, o pelotón fixou a diferenza da fuga ao redor dos 2 minutos, ata entrar no últimos 50 km, onde houbo un notable cambio de ritmo. 

imagen

En medio quilómetro, os ciclistas coroaron o Alto Sao Félix, de 3ª categoría e o segundo esprint intermedio da xornada, que tamén era bonificable para a clasificación xeral. No Alto Sao Félix, Ander Okamika foi capaz de coroalo en primeira posición, por diante de Mauricio Moreira e Artem Nych. Ademais, esta orde correspondeuse á do esprint intermedio bonificable. O ciclista vasco Ander Okamika colocouse como líder virtual da clasificación da montaña.

A falta de 40 km para a chegada, o pelotón atrapou aos fuxidos, nun grupo formado por unhas cen unidades. De aí saltaron Martín Marcellusi (VF Group-Bardiani CSF-Faizanè) e Álvaro Sagrado (Illes Balears Arabay), que rodaron en conxunto na cabeza de carreira, cunha vantaxe máxima sobre o pelotón de ao redor de 1 minuto. Con 10 quilómetros por disputarse, Martín Marcellusi soltou da súa roda a Álvaro Sagrado, e marchouse en solitario lanzado á liña de meta, pero cunha diferenza de 15 segundos sobre o pelotón. Por detrás, houbo unha picada dun dos candidatos para vencer a clasificación xeral, como Urko Berrade (Equipo Kern Pharma), que non tivo fortuna, e tras unha intensa persecución na que tentou regresar ao pelotón, non foi capaz de tomar contacto e perdeu 1 minuto liña de meta.

imagen

O pelotón neutralizou a Martín Marcellusi a 6 km para a liña de meta, e todo se encamiñou cara a unha chegada ao esprint en Matosinhos. Neste punto, o corredor danés Magnus Cort Nielsen, que sorprendeu cun esprint potentísimo desde bastante lonxe, impúxose ao resto do pelotón e levantou os brazos na primeira etapa de O Gran Camiño. En segundo lugar cruzou a meta Santiago Mesa (Efapel Cycling) e terceiro foi Giovanni Lonardi (Team Polti Visit Malta).

Clasificacións 

Fonte: O Gran Camiño 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es