28 DE FEBRERO DE 2025
Fotos: @sprintcyclingagency
Nunha marabillosa xornada de temperatura, calor, sol e un percorrido contra o crono cheo de público, Derek Gee (Israel-Premier Tech) foi o ciclista máis rápido e levou o triunfo de etapa no Camiño de Ourense, ademais da camisola amarela, cun tempo de 23:17.
O corredor canadense bateu a Davide Piganzoli (Team Polti VisitMalta) que foi segundo a 17 segundos e Maxime Decomble (Groupama FDJ) que ocupou o terceiro lugar a 21 segundos. Ademais, o ata o de agora líder da proba Magnus Cort Nielsen (Un-X Mobility), perdeu 25 segundos na liña de meta, o que lle levou a ser cuarto na etapa e a ceder a camisola amarela en favor de Derek Gee.
Ourense recibiu a O Gran Camiño 2025 con calor e sol desde primeira hora da mañá, nun percorrido precioso de contra o reloxo, con saída na ponte romana de Ourense e final en Pereiro de Aguiar, despois de 15’5 quilómetros. O percorrido contou co desafío do alto de Sabadelle, premio de montaña de terceira categoría, e un último quilómetro con moita trampa antes da liña de meta.
O primeiro ciclista en baixar de 25 minutos foi Artem Nych (Anicolor - Tien21), pero rapidamente o veterano Simon Clarke (Israel-Premier Tech) e Pau Martí (Israel-Premier Tech) bateron o crono. A pesar disto, o corredor que máis tempo sentou na cadeira quente foi Federico Savino (Soudal Quick-Step), cun tempo de 24:14.
No tramo final da contra o reloxo, Hugo Houlé (Israel-Premier Tech) estivo preto de baixar dos 24 minutos, pero quedou como mellor tempo provisional cunha marca de 24:01. Con todo, pouco duroulle a alegría, e houbo varios cambios de mellor tempo entre Urko Berrade (Equipo Kern Pharma), Txomin Juaristi (Euskaltel-Euskadi) e Maxime Decomble (Groupama FDJ), que deixou o tempo en 23:38.
O ciclista que tivo un golpe de pedal diferente desde a saída foi o canadense Derek Gee (Israel-Premier Tech), que marcou o mellor tempo no paso intermedio, e fixo o propio na liña de meta cun rexistro de 23:17. A partir de aí, ningún corredor foi capaz de bater o extraordinario rexistro do ciclista do cadro israelí, co limiao Carlos Canal (Movistar) finalizando a 1:10 do canadense.
As miradas quedaron focalizadas en si Magnus Cort Nielsen (Un-X Mobility) tiña a forza suficiente como para manter a camisola de líder. O corredor danés non transmitiu as sensacións máis positivas do mundo, e chegouse a queixar da parte dianteira da súa bicicleta. Con todo, as súas referencias foron mellor que as sensacións. A pesar disto, chegou á liña de meta cunha desvantaxe de 25 segundos, polo que quedou cuarta na etapa e cedeu o liderado por tan so 5 segundos.
Ademais, Máxime Decomble deu o salto á primeira posición na xeral de corredores Sub 23.
Fonte: O Gran Camiño
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
BTT
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es