27 DE FEBRERO DE 2025
Fotos: @sprintcycling
O ciclista danés Magnus Cort Nielsen (Un-X Mobility) impúxose na segunda etapa de O Gran Camiño, nun velocísimo esprint dentro dun grupo reducido na meta da Estrada, onde, ademais, o corredor bigañador nesta edición da proba aumentou a súa diferenza na clasificación xeral, na que xa goza de 14 segundos de vantaxe.
Tras o gran traballo da escuadra do líder, o Uno-X Mobility tomou a primeira posición da clasificación por equipos. O ciclista danés é líder destacado tamén da clasificación por puntos. Pola súa banda, tras de novo estar na fuga do día, Ander Okamika (Burgos Burpellet BH) continúa no máis alto da clasificación da montaña, tras coroar primeiro as tres dificultades montañosas do día. Houbo cambio de líder na xeral sub-23, na que agora manda Samuel Fernández (Caja Rural-Seguros RGA).
Na localidade de Marín deuse partida á segunda xornada de O Gran Camiño 2025. Desde unha contorna preciosa, chea de público, a Escola Naval Militar abriu as súas portas para acoller o inicio da etapa, na cal saíron os 125 corredores que finalizaron a primeira xornada.
Practicamente ás 14:00 horas deuse a saída real dunha etapa que tivo dous pasos previos pola liña de meta, antes da chegada final na Estrada. O repetido paso dos ciclistas provocou que se sumase moita xente que se achegou a ver durante todo o día o paso dos corredores.
O pelotón rodou moi forte desde o inicio, xa que a fuga do día pagouse cara, e ata preto do quilómetro 20 non se produciu. Nas ramplas da primeira dificultade montañosa do día, Rémi Daumas (Groupama-FDJ), Ander Okamika (Burgos Burpellet BH) e Álvaro Sagrado (Illes Balears Arabay) saltaron do pelotón e conformaron a escapada da xornada. Neste Alto de San Antoniño, de 3ª categoría, o xa líder da clasificación da montaña, Ander Okamika, pasou en primeiro lugar, seguido de Rèmi Daumas e Álvaro Sagrado.
Os fuxidos chegaron a ter preto de 3 minutos de vantaxe con respecto ao grupo principal, e no Sprint Bonificable de Caldas de Reis, de novo Ander Okamika foi o máis rápido. Polo tanto, o ciclista do equipo Burgos Burpellet BH colocábase a tan so 2 segundos do líder na clasificación xeral. Segundo pasou Álvaro Sagrado, e terceiro Rèmi Daumas.
No tramo final da etapa, nos últimos 50 quilómetros, o pelotón comezou a rodar fortísimo liderado polo equipo Israel - Premier Tech, que quixo desgastar á camisola amarela. No primeiro paso polo Alto de San Vicenzo, de 3ª categoría, Ander Okamika foi, de novo, o máis rápido. Álvaro Sagrado e Rèmi Doumas ocuparon o segundo e terceiro lugar, mentres a súa diferenza co pelotón xa baixou ao minuto. No segundo paso pola liña de meta había o segundo Sprint Bonificado da xornada, no que Ander Okamika volveu pasar na primeira posición, seguido de Rémi Daumas e Álvaro Sagrado.
A falta de menos de 20 km para a liña de meta, o pelotón absorbeu á fuga, a pesar dun último intento de Ander Okamika e Álvaro Sagrado. Os corredores de novo tiveron que ascender o Alto de San Vicenzo, e Derek Gee (Israel - Premier Tech) saltou cun ataque durísimo, que deixou ao líder cortado momentaneamente. Fíxose un grupo de seis corredores á fronte, co propio Derek Gee coa iniciativa, nunha loita do canadense contra todo un pelotón liderado polo Uno-X Mobility, no que tentou a defensa da camisola amarela.
O equipo do líder gañou a partida e o pelotón de novo rodou compacto, ata que a falta de 4 km saltou do grupo Maxime Decomble (Groupama FDJ), que sorprendeu ao grupo, pero o equipo do líder reaccionou a tempo e neutralizou ao xove francés a falta de 1 km. O pelotón reducido entrou lanzado ás últimas ramplas que chegaban á liña de meta, pero o gran traballo do equipo Uno-X na preparación do esprint, fixo que Magnus Cort Nielsen fose o máis rápido por diante de Martin Marcellusi (Bardiani CSF) e do limiao Carlos Canal (Movistar), segundo e e terceiro respectivamente.
Fonte: O Gran Camiño
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
BTT
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es