14 DE ABRIL DE 2025
Fotos: RFEC
A moi poucos quilómetros da provincia de Lugo, a Copa de España Máster celebrou onte en Asturias unha cita consolidada no seu calendario. O Club Deportivo Castropol Deporte organizou un ano máis o Trofeo Máster El Franco, terceira cita da temporada puntuable para o certame estatal, e na comarca do Eo Navia dous galegos remataron segundos nos seus grupos de idade: o máster-30 Samuel García (Norinver) e o máster-40 Diego Álvarez (Aerodynamics Academy).
Os gañadores das etapas da Volta a Lugo Máster durante fin de semana anterior mantiveron o seu estado de forma para estar entre os mellores na Copa de España. Nun percorrido de 89 quilómetros, con 1.200 metros de desnivel acumulado, a parte final do trazado incluía a ascensión ao Alto de la Rebollada. O máster-40 manchego Juan Francisco Santos (AC Hotel by Marriot) cruzou a liña de meta como gañador absoluto, avantaxando en 16 segundos ao lucense Diego Álvarez e en 35 segundos ao asturiano Manuel Carrelo, tamén do Aerodynamics.
Os primeiros máster-30 chegaron a minuto e medio de Santos, decidíndose a vitoria da súa categoría ao esprint. O estremeño José Antonio Sánchez (Kazajoz) entrou por diante do vigués Samuel García e no mesmo grupo concluíron outros dous galegos deste grupo de idade, Pablo Fernández (Cidade de Santiago) fixo quinto e Lázaro López (Aerodynamics), decimo.
Con dobre presenza no caixón, o noso ciclismo de estrada abriu a súa conta de podios na Copa de España Máster 2025. A cuarta e antepenúltima carreira desta competición terá lugar o 3 de maio en Fuencaliente del Burgo (Soria).
Máis información e clasificacións
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es