Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Ribadumia abrirá a Volta a Galicia cunha contra o reloxo individual

04 DE SEPTIEMBRE DE 2025

7,2 quilómetros de percorrido decidirán o primeiro líder o xoves 11 de setembro

Ribadumia-abrira-a-Volta-a-Galicia-cunha-contra-o-reloxo-individual

A emoción marcará á 23ª Volta a Galicia dende o seu arranque. O vindeiro xoves, día 11 de setembro, unha contra o reloxo individiual na localidade pontevedresa de Ribadumia marcará as primeiras diferenzas na rolda organizada pola Federación Ciclismo Galego para corredores Elite e Sub-23. O percorrido de 7,2 quilómetros, practicamente chairo, resulta ideal para especialistas. 

imagen

A saída do primeiro dos participantes está fixada para as 18:00 horas. O punto de partida e de chegada é a Avenida Ribadumia, onde ao redor das 20:00 h xa se saberá quen portará a primeira camisola amarela Xunta de Galicia desta edición da Volta. Por suceder no palmarés da proba a José Luis Faura pugnarán 119 ciclistas pertencentes a 17 equipos. 

imagen

A presentación en Ribadumia da 'crono' inaugural contou coa presenza de David Castro, alcalde desta localidade da comarca do Salnés; de Sofía Núñez, concelleira de Deportes; de Vanesa Jorge, concelleira de Contas; de Javier Tourís, deputado provincial da Deputación de Pontevedra; e de Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego. 

Consulta toda a información sobre as etapas da Volta a Galicia na súa páxina web oficial www.voltagalicia.com 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es