Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Maksym Bilyi adxudícase a Volta a Galicia nun final de infarto en Ferrol

14 DE SEPTIEMBRE DE 2025

O ucraíno do Cortizo retivo a camisola amarela por 8 segundos ante o portugués João Silva, que chegou fugado como compoñente dun trío no que se impuxo Daniel Cepa

Maksym-Bilyi-adxudicase-a-Volta-a-Galicia-nun-final-de-infarto-en-Ferrol

Fotos: Asier Torrado

Por terceiro ano consecutivo o Equipo Cortizo conquistou a Volta a Galicia Elite e Sub-23 e, do mesmo xeito que nas dúas anteriores ocasións, o triunfo do equipo dirixido por Marcos Serrano non se decidiu ata os últimos metros da carreira. Maksym Bilyi tivo que superar unha situación límite este domingo en Ferrol para conservar o primeiro posto da xeral. O ucraíno do conxunto padronés non dependía de si mesmo para gañar a rolda ao entrar no último quilómetro, pero o portugués João Silva (Porminho) non culminou o sorpasso. O luso quedou a 8 segundos de desbancar ao líder nun desenlace de infarto no que ergueu os brazos na liña de meta do peirao de Curuxeiras o alacantino Daniel Cepa (Caja Rural - Alea).

O vencedor da cuarta e definitiva xornada tamén foi, sen dúbida, o corredor máis combativo nos 130 quilómetros que arrancaron dende a praza de Armas, diante do Concello de Ferrol. O equipo de Daniel Cepa, o Caja Rural - Alea navarro, contaba co segundo clasificado da xeral, o francés Dario Giuliano, e dende ben cedo comezou a mover as súas fichas. Despois de que Adrián Benito (Extremadura Pebetero) se apuntara a Meta Volante de San Sadurniño, saltou dende o pelotón Antonio González (Caja Rural - Alea), quinto na xeral, para conectar cunha escapada de once corredores durante a ascensión ao Alto de Moeche, de 3ª categoría. A renda máxima de 45" da que desfrutou o representante da escuadra navarra situouno como líder virtual. 

imagen

Unha vez cumprida a primeira hora de carreira, a unha media de 44,6 km/h, rematou a aventura de todos os fugados. No treito final do percorrido por diferentes concellos de Ferrolterra, antes do primeiro paso pola meta na Autoridade Portuaria de Ferrol, consolidouse en cabeza un grupo de sete ciclistas, entre eles Daniel Cepa, que fixo segundo por detrás do arxentino Bernardo Cambareri (Lasal Cocinas - Grupo ODL - Craega) na Meta Volante que marcaba en Curuxeiras o inicio dun circuíto ao que se daban dúas voltas.

Esta fuga abriu un oco que superou os 2 minutos de diferenza e antes de coroar o Alto da Bailadora, de 3ª categoría, Cepa quedouse na compaña, unicamente, de Emilio Llopis (High Level - Gsport). O do Caja Rural - Alea fixo primeiro no novo paso pola meta de Curuxeiras, o que lle serviu para adxudicarse a xeral das Metas Volantes, e a continuación chegaron a súa altura e á de Llopis dous corredores que os acompañaran na fuga, Aimar Alarcia (Telco Maderas) e William Kirkham (Torres Sobato), impulsados pola aparición de Mateu Estelrich (Supermercados Froiz), que arrancara dende o pelotón. 

Ningún dos integrantes do quinteto inquietaba ao líder Maksym Bilyi, pero a súa vitoria na xeral si que a puxo en risco João Silva. O portugués saltou no inicio da segunda volta ao circuíto e cando alcanzou ao grupo dianteiro só puideron seguir a súa roda Cepa e Estelrich. Nin o do Caja Rural-Alea nin o do Supermercados Froiz colaboraron co do Porminho, sétimo na xeral a 26" da camisola amarela. O ciclista luso colocábase momentaneamente como líder ao lograr unha vantaxe de 35", o que obrigou a Bilyi a ter que asumir en primeira persoa o peso da persecución no Alto da Bailadora. Nas últimas ramplas tamén tivo que responder a ataques doutros rivais directos na xeral como Dario Giuliano e o ruso Viacheslav Ivanov (Technosylva). 

imagen

Dende o cumio da Bailadora ata a meta restaban só 8 km nos que se viviu un espectáculo vibrante. Silva, primeiro no paso polo alto, continuou coa súa exhibición de poderío, levando ao límite a Estelrich e, sobre todo, a Cepa. Por detrás, Bilyi quedou definitivamente sen compañeiros despois dunha costa non puntuable a 4 km da conclusión e só atopou a axuda dun ciclista do Telco Maderas. No último quilómetro entrouse cunha diferenza de 20" a prol do trío dianteiro, polo tanto, no caso de manterse esa vantaxe e de que Silva obtivera os 10" de bonificación que se lle outorgan ao gañador da etapa, a Volta sería a súa. 

Para alivio de Bilyi, todo o que sucedeu no colofón da carreira favoreceu os seus intereses. Cepa anotouse o triunfo parcial ante Estelrich e Silva só puido ser terceiro, limitándose a bonificación a 4" para o portugués. Por detrás, no grupo de Bilyi lanzouse un potente esprint pola cuarta praza que reduciu a desvantaxe a 14". Así pois, o corredor do Equipo Cortizo retivo o maillot de líder por 8". Silva tivo que conformarse coa segunda praza e a terceira correspondeu a Giuliano, que se quedou a 9" do rei desta Volta. 

imagen

O ucraíno, de 24 anos, confirmou durante a imposición da camisola amarela que a vindeira temporada dará o salto ao pelotón profesional. Bilyi sucede no palmarés desta rolda ao murciano José Luis Faura e da continuidade a unha xeira da estrutura de Padrón que iniciou Martín Rey no 2023. 

As outras clasificacións finais tiveron como vencedores a Jesse Maris (Technoslylva) na Montaña, a Cepa nas Metas Volantes, a Ángel Maneiro (Supermercados Froiz) na táboa dos ciclistas galegos e a Giuliano na dos Sub-23. Por equipos dominou o Caja Rural - Alea. Todos os premios entregáronse nunha cerimonia de podio na que se homenaxeou a Samuel Blanco, o exciclista profesional ao que se lle dedicou esta 23ª da Volta a Galicia. 

Retransmisión da etapa

GALERÍA DE FOTOS

DOCUMENTOS ADJUNTOS

AUDIOS NOTICIA

  • 547192983_1363679465767277_3329928072557214226_n.jpg

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es