Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos, na lista de España para o Campionato do Mundo de Pista Paralímpico

13 DE MARZO DE 2024

Do 20 ao 24 de marzo en Rio de Janeiro

Damian-Ramos-na-lista-de-Espana-para-o-Campionato-do-Mundo-de-Pista-Paralimpico

Cita clave de cara ao proceso clasificatorio para os Xogos Paralímpicos de París. Do 20 ao 24 deste mes celebráse en Rio de Janeiro o Campionato do Mundo de Pista Paralímpico e entre os seis convocados polo seleccionador español Félix García Casas hai un galego. Damián Ramos (Lasal Cocinas-Louriña) afrontará no Brasil un novo reto internacional ao máximo nivel.

O paraciclista coruñés, da clase C4 de bicicleta adaptada, chegará a Rio tras proclamarse a finais de febreiro campión estatal de Persecución Individual e despois de ter estado concentrado en Anadia (Portugal), onde preparou xunto ao resto de seleccionados e ao equipo técnico da Real Federación Española de Ciclismo este gran obxectivo. 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es