Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O paraciclismo galego inicia a Copa de España con cinco podios en Ponferrada

09 DE ABRIL DE 2024

Iván Montero e Ángel Plácido anotáronse a vitoria nas súas categorías

O-paraciclismo-galego-inicia-a-Copa-de-Espana-con-cinco-podios-en-Ponferrada

Foto: Maferga

O calendario da Copa de España de Ciclismo Paralímpico, que rematará cunha dobre cita organizada polo Club Ciclista Riazor, arrancou na 'quinta provincia galega'. Ponferrada acolleu a primeira das cinco xornadas puntuables e cinco paraciclistas da nosa comunidade asinaron posicións de podio na capital do Bierzo. Entre os representantes galegos do Neuroimpulse-Galicia e os do Inclusivo Enki colleitaron dúas vitorias, tres terceiros postos e dúas prazas máis de top-10.

Nun circuíto de 3 quilómetros polas rúas de Ponferrada, o campión estatal Iván Montero (Neuroimpulse-Galicia) anotouse a vitoria nas handbikes da clase 5 e Ángel Plácido (Inclusivo Enki) nas da clase 2. Os outros podios chegaron nas bicicletas adaptadas por parte dos corredores do C.C. Riazor. Alberto Abalde na clase 2, Óscar López na 3 e Javier Abalde na 5 quedaron terceiros e contribuíron ao triunfo do seu club na clasificación por equipos. A participación galega completárona Daniel Prada e Alejandro González, ambos do Inclusivo Enki, noveno e décimo respectivamente nas handbikes da clase 3. 

Este certame celebrará as dúas próximas probas o 20 e o 21 de abril na localidade murciana de Ceutí. O colofón da Copa quedará para o 8 e o 9 de xuño no municipio coruñés de A Laracha, o sábado coa disputa do Gran Premio de Vilaño e o domingo será a quenda do Gran Premio de Caión. 

Máis información e clasificacións

 

 

GALERÍA DE FOTOS

O paraciclismo galego inicia a Copa de España con cinco podios en Ponferrada
O paraciclismo galego inicia a Copa de España con cinco podios en Ponferrada
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es