Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos regresa de Rio cun quinto posto na Persecución como mellor resultado no Mundial

25 DE MARZO DE 2024

O paraciclista coruñés quedou ás portas de loitar polo bronce na súa actuación máis destacada no velódromo brasileiro

Damian-Ramos-regresa-de-Rio-cun-quinto-posto-na-Persecucion-como-mellor-resultado-no-Mundial

Fotos: RFEC

O Campionato do Mundo de Pista Paralímpico 2024 concluíu este domingo despois de cinco xornadas de competición en Rio de Janeiro. Entre os seis corredores que defenderon as cores da seleccion española no velódromo brasileiro que acolleu no 2016 os Xogos Olímpicos e Paralímpicos houbo un galego. O coruñés Damián Ramos representou ao combinado que dirixe Félix García Casas nas probas da clase 4 de bicicleta adaptada e o seu mellor resultado obtívoo na Persecución Individual. 

No terceiro día do Mundial, o paraciclista do Louriña quedou ás portas de acceder á Final B e, polo tanto, de ter loitado pola medalla de bronce. Ramos marcou un rexistro de 4’36”567, unha gran actuación que lle outorgou a quinta praza entre os 29 participantes. A Persecución Individual é a súa principal especialidade na pista e a finais de febreiro conseguiu o título de campión estatal. 

imagen 

A súa primeira experiencia neste Mundial, cita clave de cara ao proceso clasificatorio para os Xogos Paralímpicos de París, non se limitou á proba que máis domina no velódromo. O actual campión de Europa de Estrada tamén asinou a décimo quinta posición no Scratch, a mesma nos 200 metros CRI, a 30ª no Quilómetro CRI e ocupou a décimo quinta na clasificación do Omnium.

Clasificacións

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es