As cadetes da Selección de Galicia exhíbense na Copa de España de Alcobendas

22 DE NOVIEMBRE DE 2021

O combinado autonómico asinou unha tripla con Filgueiras, Patiño e Otero, mentres que Pombo tamén pisou o caixón na carreira cadete masculina. Rodríguez (Supermercados Froiz), segundo nos sub23, e dous podios masters galegos.

As-cadetes-da-Seleccion-de-Galicia-exhibense-na-Copa-de-Espana-de-Alcobendas

Fotos: RFEC

A Selección de Galicia de Ciclocrós estreou temporada exhibindo na Comunidad de Madrid o potencial da súa canteira. O combinado autonómico asinou unha tripla na carreira cadete feminina e un terceiro posto na proba cadete masculina na cuarta e penúltima xornada da Copa de España celebrada este domingo en Alcobendas. Outros tres ciclistas galegos, defendendo as cores dos seus equipos, remataron entre os tres primeiros das súas categorías. 

O recital das cadetes de Galicia encabezouno a líder do certame estatal. María Filgueiras quedouse á fronte da carreira xunto as súas compañeiras de selección Aroa Otero e Lorena Patiño. Entre as tres xogáronse a vitoria no circuíto madrileño e a betanceira conservou a súa condición de invicta na Copa de España.

Filgueiras, cun tempo de 37 minutos e 49 segundos, cruzou a liña de meta con 10" de vantaxe respecto a Patiño, mentres que Otero entrou a 34" da vencedora. María Cabot, sexta, completou a gran actuación do combinado dirixido polo seleccionador Alberto del Río. 

A Federación Ciclismo Galego só desprazou a esta cita ciclocrosistas cadetes e na competición masculina acadou o seu cuarto posto no caixón. Tomás Pombo mantívose na pugna pola vitoria ata o final e rematou terceiro, a 3" tanto do gañador David Ivars (Fundación Teika) como do segundo clasificado Roc Cubi (Vic). As cores da selección tamén as defenderon nesta carreira Santiago Otero (15º), Martín Díaz (17º), Xoel Cidrás (19º), Gael García (22º), Mauro Vega (24º), Antonio Casal (28º) e Noé Pérez (37º). 

Miguel Rodríguez, segundo

Ás portas de pisar o caixón quedou Miguel Rodríguez na carreira elite-sub23. O ponteareán do Supermercados Froiz fixo cuarto na táboa absoluta e segundo na sub23, sendo superado no seu grupo de idade polo seu compañeiro de equipo Gonzalo Inguanzo. No top-20 da competicion raíña masculina tamén entraron o elite Saúl López (Academia Postal-Abanca) e o sub23 Fabián Rodríguez (Supermercados Froiz), 13º e 20º respectivamente. 

En canto á participación galega nas mulleres elite-sub23, Carla Fernández (Team Farto-BTC) concluíu sexta na clasificación absoluta, sendo a terceira mellor sub23, e Irene Trabazo (XSM) finalizou oitava, cuarta entre as elites. 

Máis resultados sobranceiros para o ciclocrós autonómico chegaron nas carreiras juniors. Iván Fernández (Vigo-Rías Baixas) terminou sexto, xusto por diante de Ricardo Buba (Coruxo), mentres que na proba feminina Laura Mira (Supermercados Froiz) tamén ocupou a sexta praza e súa compañeira de equipo Uxía Soto, a décimo terceira.  

Podios masters

A falta dunha xornada para que a Copa de España baixe o pano, a máster-40 Marina González resiste como líder no seu grupo de idade. A corredora do Illas Cíes acadou a segunda posición en Alcobendas. A vitoria, por un minuto de diferenza, correspondeu a Ruth Moll (Oviedo.es), segunda na xeral do certame autonómico a dez puntos da galega. 

O sexto podio do ciclocrós autonómico rubricouno Andrés Calvete nos máster-40. O ciclista do Monte Xalo, terceiro esta xornada, continúa segundo na xeral. O líder, o portugués Rogerio Matos, ten dez puntos de vantaxe despois de ser segundo en Alcobendas. Terceiro no Ranking mantense outro galego, José Rodríguez 'Tami' (Norinver), que se tivo que conformar coa oitava posición no circuíto madrileño. 

A Copa de España resolverase o 19 de decembro na localidade conquense de Tarancón. 

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es