Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campus XCO Ciclismo Galego foi unha festa sobre rodas

05 DE ABRIL DE 2023

Os 40 participantes desfrutaron de tres días de BTT e entretemento

O-Campus-XCO-Ciclismo-Galego-foi-unha-festa-sobre-rodas

A Semana Santa do Ciclismo Galego comezou cun éxito de participación e de diversión. Durante tres días, dende o domingo 2 de abril ata o martes 4, o Hotel Cemar de Mondariz Balneario exerceu de cuartel xeral do Campus XCO Ciclismo Galego. A segunda edición deste evento da Federación Ciclismo Galego (FCG) reuniu nun ambiente de paixón polo BTT a 40 rapazas e rapaces nados no periodo 2007-2011. 

A convivencia dirixida por Alberto del Río, técnico da FCG, combinou as actividades de apredizaxe coas de entretemento. Un programa ideado para que as bikers e os bikers federados gozaran da bicicleta, fixeran novos amigos e recibiran pautas de formación. A este último obxectivo tamén se puideron sumar as nais e os pais dos participantes na charla de apertura do campamento ofrecida polo psicólogo deportivo Jorge Carril (Deportivamentes), que impartiu a conferencia 'Como axudo ao meu fillo a que desfrute máis do ciclismo'.

Ao día seguinte, o Campus recibiu a visita doutro profesional de referencia vinculado a este deporte, o fisioterapeuta Emilio de la Campa (selección española de BTT e experiencia en equipos como o MMR), que ofreceu consellos prácticos e teóricos sobre adestrar e estirar. 

Da parte específica de Cross Country Olímpico encargouse o seleccionador autonómico Alberto del Río e o pelotón do campamento executouna sobre a bicicleta nos adestramentos. Nestas sesións celebradas en Mondariz Balneario e no Monte da Picaraña de Ponteareas traballáronse aspectos como a técnica en subida, os descensos e o equilibrio. Ademais, as rapazas e os rapaces tamén lle deron aos pedais na tarde que pasaron no Pump Track de Mondariz. 

 

Neste campamento no que os desprazamentos se realizan pedaleando, non todo tivo que ver coa bici. Houbo karaoke, festexouse o aniversario dunha das bikers e no fin de festa xogouse ao paintball. Unha convivencia tan intensa e chea de sorrisos como inesquecible.  

 

GALERÍA DE FOTOS

O Campus XCO Ciclismo Galego foi unha festa sobre rodas
O Campus XCO Ciclismo Galego foi unha festa sobre rodas
O Campus XCO Ciclismo Galego foi unha festa sobre rodas
O Campus XCO Ciclismo Galego foi unha festa sobre rodas
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es