Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Ciclismo Galego celebra a súa Gala o 24 de febreiro en Ribadumia

13 DE FEBRERO DE 2024

A cerimonia comezará ás 20:30 horas no Auditorio Municipal

O-Ciclismo-Galego-celebra-a-sua-Gala-o-24-de-febreiro-en-Ribadumia

A gran festa anual do noso deporte terá este ano como escenario a comarca do Salnés. O sábado 24 de febreiro Ribadumia acollerá a Gala Ciclismo Galego, a única xuntanza sen bicicletas do pelotón autonómico. As portas do Auditorio Municipal pecharanse ás 20:15 horas e un cuarto de hora despois subirase o pano para recoñecer fitos sobranceiros e aos mellores ciclistas da última temporada.

A Federación Ciclismo Galego (FCG) ten preparada unha cerimonia na que as entregas de premios combinaranse coas lembranzas e o entretemento. O capítulo de galardóns polos resultados obtidos nos últimos doce meses abrangue os podios asinados polas corredoras e corredores da nosa comunidade a nivel internacional, nos Campionatos de España e nas xerais das Copas estatais, así como a coroación das gañadoras e os gañadores dos Rankings FCG (achégase listaxe ao final desta nova). Estas clasificacións están dispoñibles na nosa páxina web para a súa revisión. Recórdase que segundo a Normativa aprobada na Asamblea, para optar ao trofeo de recoñecemento de líder do ranking correspondente é necesario ter disputado tres probas puntuables ou o 50% das mesmas. 

Os outros homenaxeados da Gala recibirán as Mencións Especiais como distincións polas súas traxectorias excepcionais. Nos vindeiros días a FCG desvelará a nómina de premiados neste apartado. 

As convidadas e os convidados deberán confirmar a súa asistencia ao acto antes do próximo martes, 20 de febreiro, no teléfono 986 224 158 / 886 124 871 ou ben a través do correo electrónico federacion@fgalegaciclismo.es 

GALERÍA DE FOTOS

O Ciclismo Galego celebra a súa Gala o 24 de febreiro en Ribadumia

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es