29 DE FEBRERO DE 2024
Foto: Arume Fotografía
O pasado venres 23 de febreiro tiña lugar no cinema Alfonseti de Betanzos a gala de presentación da temporada 2024 do Club Ciclista Betanzos, un acto que contaba coa presenza do presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz; da alcaldesa de Betanzos, María Barral; do concelleiro de deportes, Ricardo Cheda; e do presidente do consorcio das Mariñas e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso. Presentado polo speaker habitual nas probas que o club organiza, Pipe Speaker, a gala acusaba a ausencia de última hora por enfermidade do presidente do club, Alberto Ballester, baixa que suplían con fartura os seus compañeiros de directiva.
Facíanse entrega dunha serie de agradecementos e recoñecementos a patrocinadores, colaboradores e deportistas do club, e tamén algunha mención especial como a que se lle deu a título póstumo a José Manuel Pérez Muiños (Janel), voluntario desde hai moitos anos de Protección Civil Betanzos e que o pasado mes de decembro falecía de forma repentina. Desde o CCB quixeron recoñecer o seu labor coa entrega dunha placa á súa nai, que xunto ao pai, irmán e compañeiros de Protección Civil de Betanzos estaban presentes na gala.
Finalizaba o acto coa presentación das distintas categorías da escola de ciclismo que conta actualmente con 40 licenzas repartidas entre as categorías de promesas, principiantes, alevíns, infantís e Junior, categoría esta última á que pertencen as cinco corredoras que este ano forman o CCB-Becani, que debuta esta fin de semana na apertura da Copa de España en Noja (Cantabria). Puntualizar tamén que as xuvenís do Club Ciclista Betanzos xa conseguiron o seu primeiro título do ano a nivel individual. A nova incorporación ao equipo, Nerea Suárez, logrou o primeiro posto da xeral na Copa Galicia BTT 3h Resistencia, disciplina que disputou como preparación á temporada de estrada e que lle serviu para impoñerse en todas as carreiras nas que participou. Sen dúbida empeza forte a brava corredora de Carballo no seu primeiro ano na categoría Júnior.
Fonte: Club Ciclista Betanzos
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es