Concluíu a parte teórica do Curso de Director Deportivo Nivel I

03 DE ABRIL DE 2021

Este plan formativo levouse a cabo de forma online

Concluiu-a-parte-teorica-do-Curso-de-Director-Deportivo-Nivel-I

O pasado domingo rematou o Curso de Director Deportivo Nivel I que comezara o 15 de marzo. Este plan formativo organizado pola Federación Galega de Ciclismo, en colaboración coa Escuela Nacional de Entrenadores, levouse a cabo integramente de forma online a través da plataforma GoToMeeting.

Durante as case dúas semanas de relatorios, os 38 alumnos inscritos recibiron nocións de adestramento e fisioloxía, así como contido das distintas disciplinas do ciclismo. Os participantes examinaranse da parte teórica deste curso o vindeiro 17 de abril. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es