Facebook Twitter Youtube Instagram Español

As promesas do Descenso puliron a súa técnica no Monte Xalo

09 DE MAYO DE 2024

Adestramento, visualización de vídeos e baixada cronometrada na convivencia organizada pola Federación Ciclismo Galego

As-promesas-do-Descenso-puliron-a-sua-tecnica-no-Monte-Xalo

Nas Xornadas de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego (FCG) para as especialidades do BTT chegou a quenda o pasado sábado do Descenso. O Monte Xalo no concello coruñés de Culleredo, onde un mes antes se realizara a convivencia de Enduro, serviu de escenario para a actividade formativa na que participaron unha decena de pilotos. Baixo a dirección da seleccionadora galega Eva Castro e do seu axudante Luís Manovel, as promesas do noso DH puliron a súa técnica nun día pasado por auga.

O planning arrancou cunha sesión de adestramentos libres. Nestas baixadas buscouse memorizar o circuíto, revisando algunha sección especialmente interesante, co obxectivo de posteriormente efectuar o máis rápido posible o percorrido. O traballo cos riders intenta ser o máis individual posible e, con este obxectivo, antes da pausa para a comida efectuáronse repeticións de seccións nas que as pasadas foron grabadas. 

Eses vídeos analizáronse despois do xantar. Coa revisión das imaxes estableceuse un feedback co piloto e nese intercambio de impresións os responsables técnicos da Xornada de Tecnificación FCG ofreceron consellos para levalos á práctica nas baixadas da tarde. 

As bicicletas volveron lanzarse polo Monte Xalo na segunda serie de adestramentos libres, antesala da baixada contra o reloxo na que se tomaron os tempos. A FCG quere agradecer, unha vez máis, á comunidade Monte Veciñal en Man Común 'Xalo' o permiso outorgado para levar a cabo esta iniciativa nos seus terreos. 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

As promesas do Descenso puliron a súa técnica no Monte Xalo
As promesas do Descenso puliron a súa técnica no Monte Xalo
As promesas do Descenso puliron a súa técnica no Monte Xalo
As promesas do Descenso puliron a súa técnica no Monte Xalo
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es