Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Tecnificación FCG para corredoras e corredores infantís de Estrada

06 DE JUNIO DE 2024

O domingo 16 de xuño no Porriño

Xornada-de-Tecnificacion-FCG-para-corredoras-e-corredores-infantis-de-Estrada

O calendario 2024 de Xornada de Tecnificación para o pelotón de Estrada péchase o domingo 16 de xuño pola tarde. Ese día as corredoras e os corredores da categoría infantil que reciban a citación da da Federación Ciclismo Galego (FCG) participarán nunha actividade formativa na pista de Torneiros, no Concello do Porriño. A convocatoria será comunicada aos clubs despois do Trofeo Entidad Local Menor de Bembrive que este vindeiro domingo organiza o Club Ciclista Vigués. 

A actividade en territorio porriñés estará dirixida por Jacobo Ucha, técnico e seleccionador da FCG. Tal e como se traballa co resto das categorías, a Xornada de Tecnificación para infantís combinará adestramento e formación. A través deste método búscase corroborar o estado físico das promesas do noso ciclismo, así como ofrecerlles novos coñecementos e consellos. No que vai de ano xa participaron nestas convivencias ciclistas de estrada sub-23, juniors e cadetes. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es