Facebook Twitter Youtube Instagram Español

As Xornadas de Tecnificación FCG completaron o seu calendario de Estrada coa categoría Infantil

19 DE JUNIO DE 2025

Unha vintena de rapazas e rapaces participaron na actividade formativa celebrada na Coruña

As-Xornadas-de-Tecnificacion-FCG-completaron-o-seu-calendario-de-Estrada-coa-categoria-Infantil

Traballar coa base do noso deporte é unha das prioridades da Federación Ciclismo Galego (FCG). Nesa liña de actuación, está consolidada a iniciativa das Xornadas de Tecnificación, aplicada a diferentes categorías de cada unha das modalidades. O calendario programado para o pelotón de Estrada no 2025 pechouse o pasado domingo no polígono do Vío na Coruña, onde unha vintena de promesas en idade Infantil participaron nesta actividade formativa. 

imagen

As dez rapazas e outros tantos rapaces que acudiron á citación de Jacobo Ucha adestraron ás ordes do técnico da FCG. Estas convivencias están deseñadas para avaliar o nivel das corredoras e dos corredores, ofrecerlles consellos e, ao mesmo tempo, estreitar lazos antes de asistir a competicións coa Selección de Galicia. No caso da categoría Infantil, o seu Campionato de España terá lugar en Tarazona de la Mancha (Albacete) na primeira semana de xullo. 

imagen

Con esta Tecnificación completouse o calendario destas citas formativas sobre o asfalto. Comezou en abril coa concentración Sub-23 masculina en Padrón e dende entón aplicouse o mesmo método de traballo co ciclismo feminino en Ponteareas, cos júniores en Caldas de Reis e cos cadetes en Poio

A rolda que aínda non rematou é a de BTT. De feito, nestes últimos días do mes de xuño vanse celebrar ata tres xornadas de Cross Country Olímpico. Fai click nesta ligazón para consultar o calendario. 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es