21 DE JUNIO DE 2024
A pasada fin de semana resultou do máis intensa para o pelotón Infantil. O sábado celebrouse en Viveiro a primeira edición do seu Campionato de Galicia en ruta e esta categoría encargouse o domingo de pechar a rolda do ano 2024 de Xornadas de Tecnificación FCG de Estrada. Un total de 23 ciclistas participaron na activade celebrada no Porriño grazas á inestimable colaboración deste concello pontevedrés.
As rapazas e os rapaces que recibiron a citación de Jacobo Ucha adestraron ás ordes do técnico da Federación Ciclismo Galego na pista de ciclismo de Torneiros. Estas convivencias están deseñadas para avaliar o nivel das corredoras e dos corredores, ofrecerlles consellos e, ao mesmo tempo, estreitar lazos antes de asistir a competicións para defender as cores da Selección de Galicia. No caso desta categoría, o seu Campionato de España terá lugar en Avilés na primeira semana de xullo.
Con esta Tecnificación completouse o calendario destas citas formativas para as promesas do pelotón de Estrada. Comezou en xaneiro coa concentración Sub-23 masculina en Vilagarcía e dende entón aplicouse o mesmo método de traballo na xornada dedicada aos juniors en Cambre, na do ciclismo feminino en Betanzos e na dos cadetes que tivo como escenario Ponteareas.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es