Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Tecnificación FCG de Enduro

10 DE MAYO DE 2024

Este sábado no circuíto da Montefaro Enduro Race 2024

Xornada-de-Tecnificacion-FCG-de-Enduro-

A Copa de España de Enduro terá o seu colofón a vindeira semana na Montefaro Enduro Race 2024. Será unha cita moi especial para os riders da nosa comunidade, con tres galegos defendendo as camisolas de líderes das xerais, e para preparala do mellor xeito posible a Federación Ciclismo Galego (FCG) organiza este sábado unha Xornada de Tecnificación nos treitos deseñados polo Pulpeiros Mugardos. Grazas á colaboración do club anfitrión, as promesas do noso Enduro tomaranlle a medida ao circuíto no que se resolveserá o certame estatal.

Eva Castro, seleccionadora FCG das especialidades gravity, e o seu axudante Luis Manovel deseñaron unha intensa xornada de traballo e convivencia. As corredoras e os corredores citados reuniranse ás 10:00 hora en Mugardos e na sesión matinal adestrarán durante tres horas en tres treitos realizando repiticións. 

O xantar do mediodía terá como 'postre' unha charla técnica que inclúe a visualización dos vídeos grabados pola mañá para corrixir aspectos técnicos e establecer un feedback cos riders. O adestramento sobre as bicicletas está previsto que regrese ao redor das 15:30, desta vez cunha duración dunha hora. Na parte final desta actividade procederase á recollida de datos. Primeiro, efectuarase unha contra o reloxo nun treito e, para acabar, test físicos para valorar diferentes métricas de rendemento. 

Esta Xornada de Tecnificación FCG é a segunda dedicada ao Enduro en menos dun mes. A anterior celebrouse a mediados de abril no Monte Xalo

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es