Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Iván Montero e Damián Ramos, dobres campións de España coa Selección de Galicia

27 DE MAYO DE 2024

Ángel Plácido López (Inclusivo Enki) tamén conseguiu dúas medallas, ambas de prata, no estatal de Ciclismo Paralímpico celebrado en Caravaca de la Cruz

Ivan-Montero-e-Damian-Ramos-dobres-campions-de-Espana-coa-Seleccion-de-Galicia

O primeiro Campionato de España en Estrada do ano 2024 pechouse con catro títulos para a Selección de Galicia. Damián Ramos, corredor de bicicleta adaptada da clase 4, e Iván Montero, handbiker da categoría 5, impuxéronse na contra o reloxo e na carreira de fondo do estatal de Ciclismo Paralímpico disputado durante a fin de semana na localidade murciana de Caravaca de la Cruz. Os dous paraciclistas coruñeses lideraron a actuación do combinado autonómico, que dirixido polo seleccionador Jacobo Ucha contou con catro representantes neste evento.

As vitorias galegas resultaron incontestables. Iván Montero, handbiker do Neuroimpulse-Galicia, defendía as dúas coroas acadadas o ano anterior en Viveiro e revalidounas cunha ampla vantaxe respecto ao andaluz José Rojas. Tanto a contra o reloxo como a carreira tiveron como escenario un circuíto que incluía a subida ao Alto del Caracolillo, unha ascensión de 2 quilómetros ao 5% de pendente media. A esa dureza sumouse unha intensa a calor, o que provocou que as diferenzas fosen importantes.

imagen

Damián Ramos, paraciclista do Lasal Cocinas-Craega, tamén venceu con moita autoridade en ambas probas por diante do madrileño Julio Bermejo. A terceira posición correspondeu ao manchego Pedro Sánchez-Migallón na ‘crono’ e ao vasco Unai Zabalo na competición de fondo. Para o vixente campión de Europa, trátanse dos seus dous primeiros títulos estatais na clase 4.

imagen

Os outros dous corredores da Selección de Breogán remataron entre os dez primeiros nas súas clases de bicicleta adaptada. Óscar López clasificouse sexto na carreira e oitavo na contra o reloxo da categoría 3 e Severino Mata fixo sexto no fondo e noveno na CRI da clase 5.

Á colleita galegas de medalla hai que engadir as dúas pratas de Ángel Plácido López nas handbikes da categoría 2. Coas cores do seu equipo, o Inclusivo Enki, compartiu podio co madrileño Juan José Muñoz.

imagen

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

Iván Montero e Damián Ramos, dobres campións de España coa Selección de Galicia
Iván Montero e Damián Ramos, dobres campións de España coa Selección de Galicia
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es