Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Saúl Vilar, entre os 20 mellores do Brussels Urban Sessions

04 DE JULIO DE 2024

O rider vigués representou á selección española ante algúns dos mellores especialistas do mundo

Saul-Vilar-entre-os-20-mellores-do-Brussels-Urban-Sessions

Fotos: RFEC

A selección española de BMX Freestyle Park competiu a pasada fin de semana no Brussels Urban Sessions, un festival da categoría CL1 no que se deron cita algúns dos máximos expoñentes do BMX Park Mundial, e onde o vigués Saúl Vilar finalizou entre os 20 mellores.

imagen

O rider do BMX Cromoly puido realizar durante os días previos á competición adestramentos nas instalacións deste evento, disputando a proba xa o domingo, logo da suspensión do sábado por chuvias, nunha clasificatoria que o deixaba como 20º, dous postos por detrás do outro representante do combinado estatal, o catalán Pol Díaz. Un resultado sobranceiro para a principal promesa galega nesta especialidade. 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es