Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Ángel Suárez, Lorena Patiño e Alejandro García, na lista de España para o Mundial de MTB en Andorra

21 DE AGOSTO DE 2024

As carreiras júnior de XCO dispútanse o venres 30 de agosto e o Descenso elite ao día seguinte

angel-Suarez-Lorena-Patino-e-Alejandro-Garcia-na-lista-de-Espana-para-o-Mundial-de-MTB-en-Andorra

Representación galega por partida tripla na convocatoria de 23 bikers da selección española para o Mundial de MTB que se celebra a vindeira semana, de mércores a domingo, en Andorra. Alejandro García (Academia Postal - Maceda) e Lorena Patiño (XSM) defenderán as cores do combinado estatal nas carreiras juniors de Cross Country Olímpico (XCO), que se disputarán o venres 30 de agosto, e o elite Ángel Suárez (Frameworks) capitaneará o equipo de Descenso ao día seguinte, o sábado 31.

imagen

O piloto vigués brillou o ano pasado no Campionato do Mundo ao acadar a sétima praza. Pola súa banda, o corredor do Carballiño e a corredora de Marín volveron recibir a citación dos seleccionadores Mikel Zabala e Anna Villar despois da súa experiencia en Nove Mesto o pasado mes de maio. O ourensán tamén representou a España esta temporada no Campionato de Europa. 

A estación de esquí de Pal Arinsal será o escenario dun Mundial de MTB que tamén inclúe as especialidades de Team Relay e Short Track. 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es